02/11/23

Torneo ODEON – Aniversario do CIDU

Torneo ODEON – Aniversario do CIDU
XXXI Torneo Universitario Rápido


O sábado 11 de novembro realizaremos un dos nosos torneos de aniversario. Nesta ocasión no Campus de Ferrol, no Centro Comercial Odeón e co apoio da Deputación da Coruña. Contaremos tamén coa colaboración do Club Xadrez Narón. O torneo é válido para ELO FIDE. Advírtese que no espazo de xogo haberá o ruido normal dun centro comercial. 

Modelo do Torneo:
Sistema Suixo a 5 roldas.
Ritmo de 10’+3’’
Desempates por sorteo tras a derradeira rolda.

Participantes:
Poden participar un máximo de 32 xogadores, que conten con licenza federativa en vigor.
Aqueles interesados sen licenza poden preguntar aos organizadores para a súa tramitación.
A inscrición é gratuíta. Solicitamos aos asistintes un quilo de comida (pasta ou arroz).
Terán preferencia na incrición os membros da Universidade da Coruña.
Igoalmente terán preferencia os xogadores do Club Xadrez Narón, CIDU e socios de AGAX.

Horarios estimados:
Presentación: 17,00
Primeira Rolda: 17,30
Segunda Rolda: 18,00
Terceira Rolda: 18,30
Cuarta Rolda: 19,00
Quinta Rolda: 19,30
Peche: 20,00

Premios: Haberá trofeo para o primeiro clasificado e para o mellor membro da comunidade universitaria, que levará o trofeo do XXXI Torneo Universitario de Rápidas. Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo. 

Inscrición a través do seguinte formulario: PREME

CONSIDERACIÓNS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.