21/10/23

TORNEO DE OUTONO - CIRCUITO PROMOCION

Este ano facemos unha modificación na liña dos Torneos de Outono que se van celebrar na primeira fin de semana de novembro e que teremos como principal novidade que o torneo estará dentro do XVI Circuíto Promoción da Federación Galega de Xadrez, no tocante as categorías sub8, sub10, sub12 e sub14, como xa fixéramos no Torneo Aniversario que abriu o dito circuíto.

O primeiro Torneo de Outono naceu en 1992 coas Ligas de Outono que derivaron na actual Copa Galicia, dende hai retomamos tamén unha proba por equipos e o popular "Campionato do Mundo de Pasapezas"

Para a actividade imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e tamén do Centro Comercial Los Rosales que nos deixará os espazos que emprega a SCD Palaestra. A actividade non sería posible sen a axuda anual do Concello da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO TORNEO DE OUTONO -  CIRCUITO GALEGO DE PROMOCION.

DATA: 
Sábado 4 de novembro de 2023.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - 1ª Planta.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
Presentación: 11,00 - 11,20
1ª Rolda: 11,30
2ª Rolda: 12,30
3ª Rolda: 13,30
4ª Rolda: 17,00
5ª Rolda: 18,00
6ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a seis roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
O emparellamento realizarase polo sistema VEGA.
Os xogadores poden solicitar non ser emparellados sempre que o fagan ao inicio da rolda anterior.

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director e árbitro do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitada. 
Serán necesarias tres xogadas ilegais para a perda da partida. 
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORIAS:
Poderá participar calquera xadrecista sub14 que teña licencia federativa en vigor. 
Os participantes do torneo xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2015 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2013 e 2014.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2011 e 2012.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2009 e 2010.

As ditas categorías contarán para o Circuito Promoción da Federación Galega de Xadrez

PREMIOS
En cada categoría: Trofeo para os cinco primeiros. Medalla para o resto de participantes.
Adaptándonos á norma do Circuíto Promoción, en vez de ter un agasallo a maiores para todos realizaremos un sorteo entre os participantes.

Para a recepción dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é gratuíta. 
Agadecemos a doazón por parte dos xogadores dun quilo de arroz ou pasta para as accións sociais.
O máximo de participantes por categoría será de 50. 
O máximo de participación estabrécese en 120. Estamos traballando na ampliación deste número, que se avisaría en próximas datas 
A data tope para anotarse será o xoves 2 de novembro.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:

 (ou cubrir abaixo)

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos, como o torneo amigable absoluto para a mesma data, pensado en parte para os acompañantes que desexen estar entretidos.

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden modificar e ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.