21/10/23

TORNEOS DE OUTONO - CAMPIONATO MUNDO PASAPEZAS

CAMBIO: Dentro dos Torneos de Outono unha vez mais facemos o chamado "Campionato do Mundo de Pasapezas".

BASES DO TORNEO.

DATA: 
CAMBIO: Venres 10 de novembro de 2023.

LOCAL DE XOGO:
CAMBIO: Centro Universitario de Riazor
Almirante Lángara
15011 A Coruña.

HORARIO:
De 20,30 a 21,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
En función do número de anotados establecerase un sistema de Liga ou Suizo.
O ritmo será de 5'

PREMIOS
Trofeo para a parella gañadora.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo é de 1 euro.

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.