05/05/24

TORNEO DO DIA DAS LETRAS GALEGAS

Seguimos cos torneos do noso aniversario neste 2024 no que chegamos aos 30 anos o pasado 1 de maio. Tras celebrar o primeiro dos torneos a ritmo rápido imos agora con outro a ritmo lóstrego.

Aproveitamos para crear un novo torneo que agardamos vaia a ser fixo no noso calendario; o Torneo do Día das Letras Galegas.

Para a actividade imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e realizaremos o torneo na súa sé no Centro Universitario de Riazoror. Igoalmenmte agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO TORNEO ADIA DAS LETRAS GALEGAS.

DATA: 
Venres 17 de maio de 2024.

LOCAL DE XOGO:
Centro Universitario de Riazor.
Almirante Lángara s.n.

HORARIO:
Presentación: 16,45-16,55
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,15
3ª Rolda: 17,30
4ª Rolda: 17,45
5ª Rolda: 18,00
Entrega de trofeos estimada: 18,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
Válido para ELO FIDE
O ritmo será de 5' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 
Todos os xogadores formarán unha única categoría.
Por ser un torneo a cinco roldas cumpriremos co máximo recomendado de 32 xogadores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
Como xa indicamos no primeiro dos torneos, nos torneos de maio teremos unha pequena cota, mentres que os xa programados para xuño e xullo serán de balde.
A participación neste torneo será de 5 euros. 
A data tope para anotarse será o 16 de maio.
Os xogadores participantes terán preferencia na inscrición dos demais torneos do Aniversario.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


OUTROS TORNEOS DO ANIVERSARIO
En 2024 seguiremos coa liña de ampliar os torneos do aniversario, os participantes en cada torneo contarán para unha proba combinada.
Outros torneos previstos actualmente e que agardamos duplicar:
TORNEO ODEÓN (Narón). 29 de xuño. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 6 de xullo. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO EN CARIÑO. 13 de xullo. Torneo por categorías.

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.