26/12/17

ACTIVIDADES NA ULTIMA SEMANA DO ANO

Para rematar este ano temos as seguintes actividades, todas elas de balde:

Mércores 27:

XXVII Torneo Universitario de Xadrez.
Para os membros da comunidade universitaria da UDC, exalumnos e socios do CIDU.
Partidas a 15 minutos.
Dende as 19,30 ás 22,00

Xoves 28:

Facendo relatos e debuxos.
Para participar no concurso de relatos e debuxos de AGAX.
Xornada de libre acceso para axudar a facer o libro de relatos.
Dende as 12,00 ás 14,00

Campionato "Mundial" de Pasapezas
O noso tradicional torneo anual, que non puido celebrarse durante o Torneo de Outono.
Dende as 19,00 ás 20,00

XII Torneo de Rápidas de Ludo
Dende as 20,00 ás 21,00

Torneo por equipos.
Os equipos deberán estar formados por tres persoas.
Debde ás 21,00 ás 22,00

Sábado 30:

Xornada de Convivencia e Torneo Dúas Torres.
Saída en bus dende o CUR ás 11,00
Paseo por Vilalba, comida por conta de cada viaxeiro, torneo (de 17,00 a 19,30) na Casa da Xuventude de Vilalba e retorno a Coruña.

Para participar en calquera das actividades inscríbete no noso formulario: PREME

E fora do xadrez o venres 29 ás 17,30 faremos un Torneo de Fifa.

Anímate a participar.