29/10/21

A ponte do Samain

Estas son as nosas recomendacións para esta ponte, na que realizaremos varias actividades distintas.

VENRES 29

En colaboración con AGAX dende as 19,00 teremos mesas dispostas no Centro Comercial Los Rosales para poder botar partidas de xadrez e nese mesmo espazo ás 20,15 teremos un torneo do noso Circuito de Outono, consistente en cinco partidas a cinco minutos.

Tras as partidas de xadrez realizaremos algunha partida a outros xogos.

Se o que te va é a maxia o noso exdirectivo e antigo alumno de Socioloxía, David Maestro, actúa no auditorio de Arteixo ás 20,00.

Tamén este venres detérminase cal será a directiva de INCUDE para o presente curso.

SÁBADO 30

AGAX realiza no Centro Comercial Los Rosales unha interesante tarde de xadrez coa Copa AGAX e torneo Tódolos Santos.
Podes ver a información e anotarte en www.xadrecista.eu. Unha combinación de torneo suizo e de Copa con eliminatorias. 
De 17,00 a 20,40 aproximadamente.

Tras as partidas de xadrez realizaremos algunha partida a outros xogos.

DOMINGO 31

Tamén AGAX organiza o domingo un novo torneo do seu Circuito dos Domingos Online. Ás 17,00 horas.

Importante: Últimas datas para anotarse no TORNEO UNIVERSITARIO ONLINE.

É en chess.com no noso club pechado para membros da comunidade universitaria da Coruña.


LUNS 1

Inicia o Torneo Universitario Online.
(agardamos que te anotaras)

O mago David Maestro actúa en Cedeira.