14/11/21

ACTUALIZACION DATOS DAS ENTIDADES 2.0

Vai xa para dous anos publicamos por vez primeira un resume sobre a nosa entidade e que é cada cousa. Foi poco antes do confinamento e dende entón houbo algunhas variacións.
Presentamos a version 2.0 desta guia, coa idea xa expresada entón de facer un resumo que iremos actualizando para tratar de que todos os que están na nosa organización saiban de que falamos. Se estás na actividade de xadrez debes saber que tes relación con estas entidades:

INCUDE
É a organización principal.
É unha asociación cultural e deportiva de estudantes da Universidade da Coruña.
Polo tanto a súa actividade fundaméntase na Lei de Asociacións e na Normativa de asociacións de estudantes da UDC.
Os seus directivos teñen que ser estudantes universitarios (que poden ter ou non interese no xadrez).
Cando publicamos a primeira versión o presidente era Brais Casas, que sucedera a Héctor Rodríguez. No pasado curso o presidente foi Pablo Furelos e xa no actual o presidente e Jesús Ramos, estudante de Económicas.
Como entidade universitaria emprega espazos da UDC, fundamentalmente no Centro Universitario de Riazor (CUR). Para un mellor funcionamento existen dúas organizacións ligadas a INCUDE.

ESCOLA UNIVERSITARIA DE XADREZ DE INCUDE
Adicada ao fomento e ao ensino do xadrez.
A súa acción vai dende rapaces á terceira idade. Dela dependen os monitores que colaboran co departamento de xerontoloxía e nos diferentes colexios. Dende o inicio do actual curso o seu responsable é Héctor Rodríguez, que como se comentou fora presidente de INCUDE, e que ven de suceder no cargo a Diego Medín. O coordinador segue a ser Ernesto Pérez.
A efectos prácticos dende fora non hai distinción do realizado pola Escola Universitaria e pola propia INCUDE.

CLUB DE INICIATIVAS DEPORTIVAS UNIVERSITARIAS (CIDU)
O obxectivo é a competición. O presidente dende 2016 é Daniel Codesido (que tamén fora na súa etapa de estudante presidente de INCUDE).
A súa actividade está dirixida á participar nas competicións federadas e a organizar dous torneos ao ano; o de Outono e o Aniversario.
É importante salientar que nos torneos á hora de indicar o club ao que se pertence só hai que poñer CIDU.
En principio os integrantes deste club deben estar nalgunha das seguintes categorías:
1. Membros da Comunidade Universitaria da Coruña
2. Alumnos e monitores da Escola Universitaria de Xadrez.
3. Directivos e colaboradores da entidade.
Aínda que pode haber algunha persoa que non se inclúa nunha destas tres categorías (principalmente rapaces) a filosofía do CIDU é ser basicamente un club escola, facendo equipos con aqueles que asisten regularmente a clases.
En calquera caso para os que non queren ou non teñen tempo para ir ás clases temos outras opcións.... vémolas a continuación.

..... ENTIDADES COAS QUE MANTEMOS COLABORACION .....

Ademáis das tres indicadas moi probablemente estando na nosa actividade entres en contacto con algunha das entidades indicadas a continuación. Pero en principio as que te incumben son as do apartado anterior.

SPORTING CLUB CASINO
A súa escola está destinada a socios do Sporting Club Casino. Ás veces cedemos xogadores para completar o seu equipo federado, pero no curso actual hai cerca de trinta inscritos na súa escola. A actividade de xadrez no Casino levaa a S.C.D. PALAESTRA, entidade que organiza tamén as actividades no Centro Comercial Los Rosales (que na pandemia converteuse no espazo mais activo do xadrez na cidade). O presidente de Palaestra é Ernesto Pérez, que polo tanto coordina o xadrez universitario e o do Sporting Club Casino.

XADREZ DAS MARIÑAS
Este club foi creado inicialmente para xuntar na competición escolar da Xunta aos rapaces do CIDU, Casino, Sigrás e Betanzos. Tense convertido nun dos referentes da competición escolar, gañando sempre nalgunha das categorías na comarca. Ten a súa sede oficial en Sada pero hai anos abosrveu a un dos clubes mais antigos de España; o coruñés Club de Ajedrez de Artesanos, polo que asumiu a súa historia e praza na Liga Galega. En xeral quen se achega ao xadrez universitario pero non está nalgunha das categorías sinaladas anteriormente acaba neste club. A efectos prácticos cando falamos do deporte escolar da Xunta, Xadrez das Mariñas é a nosa marca. O presidente é Francisco Javier García

ASOCIACION GALEGA DE XADRECISTAS (AGAX)
AGAX organiza actividades ao longo do ano. Durante a pandemia mantivo unha ampla actividade en interner co seu dominio www.xogandocoxadrez.eu . Edita libros, folletos de iniciación e planiñas que veredes en diferentes actividades e clubes. O seu presidente é Ernesto Pérez.