16/06/25

Programación

Temos uns días intensos de actividade nesta semanas de finalización do curso e imos a destacar algunhas das actividades para os próximos días:

Luns 16 e mércores 18.
Clases con Brais no CUR de 17,30 a 19,30

Venres 20.
Remata o Curso e a idea é realizar as clases con Brais e un torneo.
Pero xa que o profesor ten que ir a Madrid o xoves agardaremos ao mércores para planificar este día.
En principio sería as clases de 17,30 a 19,30 e posteriormente un pequeno torneo amigable de peche de curso.

Sábado 21.
A idea é realizar unha Xornada Lúdica no CUR ás 17,00, con algún xogo e preparación do Torneo Domingos Merino que se celebra o mesmo sábado ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales e que é valedeiro para ELO FIDE.
A información do Torneo está en www.clubludo.com
O Torneo coincide cunha das probas do circuito promoción da FEGAXA onde Nuno está a ter bos resultados na categoría sub8 e anda a participar nos adestramentos da selección galega.
Tamén coincide cun torneo de lentas en Espacio Coruña (pero é posible pedir un bye de medio punto).

A escribir!!
Se es dos que gostas de escribir temos un Concurso de Microrrelatos. Non ten que ver co xadrez pero é parte da nosa actividade para o Asalto ao Castelo

TORNEO ODEON
28 de Xuño
O noso xa tradicional torneo no Centro Comercial Odeón.
Valedeiro para ELO FIDE e no que o mellor universitario será nomeado campión do curso na modalidade lóstrego.

TORNEO CAMPUS DE RIAZOR
30 de xuño ao 4 de xullo
O Torneo de lentas valedeiro para ELO FIDE que o ano pasado realizamos no mes de setembro.

TORNEO ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO
Sábado 5 de xullo
Un ano mais temos o torneo de xadrez en Vimianzo.
Se non coñeces este día, aconsellamos que vaias a coñecer esta festa.

TORNEO EN CARIÑO
Sábado 12 de xullo
Un torneo para pasar o día coñecendo o Ortegal e botando unhas partidas amigables nun torneo por categorías (xemelgo ao aniversario que realizamos o 1 de maio).
A foto que ilustra esta noticia é desta actividade en 2024.

Estamos a concretar algunhas cousas mais como o Torneo no Pazo de Tor. Pero entre as nosas actividades e as previstas polos entidades coas que colaboramos o verán vai estar bastante completo.