É un bo sitio para xogar e coa comodidade de que ademais de estar aloxados no hotel onde se xoga o comedor está xusto diante da sala do torneo.
Cousa que mais de un aproveitará para almorzar ás 9,55 e xogar ás 10,00
Na Reunión de delegados houbo un intento de facer un foro sobre o torneo. Sen entrar en valoracións do que se debe facer con esta proba, o certo é que non parecía o lugar axeitado.
En calquera caso había algunha proposta do tipo de obrigar aos equipos participantes a incluir mulleres na súa selección, que para o ranking de universidades tiverase en conta na suma a presenza dos dous sexos. Outro tema era que so computasen os puntos dos tres cabezas de lista sinalados por cada Universidade antes do Torneo.
Este ano a Universidade da Coruña non levou nengunha xogadora, pero mais aló desta situación, o debate sobre o xadrez feminino como cousa aparte do masculino semella non ter fin. Mais ben parece que non debera haber distincións, pero hai opinións para todos os gustos.
Tampouco parece lóxico trasladar ás Universidades a necesidade de formar rapazas, porque iso debería acontecer en etapas anteriores.
A proposta de que so conten os tres xa indicados previamente tampouco parece moi lóxica, para iso será mellor reducir a tres os equipos en punto. Que van facer os outros dous o tres xogadores que non contan para o ranking? tentar restar puntos ás outras universidades? ou estar de vacacións?
Cousas que terán que decidir no Comité Español de Deporte Universitario (esa cousa que non se sabe moi ben como funciona).