30/04/25

Inscritos Torneo Aniversario

CATEGORÍA ABSOLUTA

1. JOSE MIGUEL VAZQUEZ FORTE,  ABS 1879  CHANTADINO
2. MANUEL ARIAS RODRIGUEZ,  ABS 1864  CLUBEXA
3. Marcos Javier Martinez Ra,  ABS 1836  A BOVEDA
4. IAGO SOTO PAINO,  ABS 1762  CIDU
5. Jorge Martí Martín,  ABS 1745  MIRKO
6. Jose Aba Varela,  ABS 1743  CIDU
7. Luca Grygar Casas,  ABS 1728  CIDU
8. Alberto Sánchez Bardanca,  ABS 1706  MIRKO
9. José Ángel Rodríguez Toje,  ABS 1693  ETX
10. Adrian Martinez Insua,  ABS 1646  XDM
11. MARCOS MARTINEZ FERNANDEZ,  ABS 1605  XDM
12. FRANCISCO CANOVAS QUESADA,  ABS 1520  SIGRAS
13. José Manuel Andión Fernán,  ABS 1506  CIDU
14. ROBERTO BLANDON PAO,  ABS 1504  SIGRAS
15. Brais Martínez Iglesias,  ABS 1496  CIDU
16. Ruowan Lin,  ABS 1447  CIDU
17. José Luis Padial García,  ABS   CASINO
18. JOSÉ ROMAN BRAVO BLAZQUEZ,  ABS   CASINO
19. Paulo Valerio Arias,  ABS   MACONDO

CATEGORIA SUB14
1. Brian Gómez Domínguez,  S14 1659  LICEO DE OURENSE
2. Manuel López Quintela,  S14 1626  MIRKO
3. Óliver Sánchez Torreiro,  S14 1578  MIRKO
4. Gabriel del Río Sas,  S14 1479  MIRKO
5. Laura Carollo Poisa,  S14 1402  OROSO
6. Alejandro Villoria López,  S14   MIRKO
7. Diego Rodríguez Tirapu,  S14   CASINO
8. Pablo  Míguez Castiñeira,  S14   CASINO
9. Román Fandiño González,  S14   MIRKO
10. Sergio Ramos Dopico,  S14   CASINO

CATEGORIA SUB12
1. Marco Marcote González,  S12 1609  SADA
2. ZOE RODRIGUEZ COLLAZO,  S12 1518  TDFC
3. Emma Etterbeek Pombo,  S12 1451  MIRKO
4. Joaquín del Río Sas,  S12 1451  MIRKO
5. Diego González Contreras,  S12 1450  CIDU
6. Denys Demydov,  S12 1401  SADA
7. Álex Esperon Fuentes,  S12   CIDU
8. DARIO TRILLO RODRIGUEZ,  S12   CIDU
9. Elijah Pope Medina,  S12   SSCC
10. HUGO BRAVO SUÁREZ,  S12   CASINO
11. José Luis Rodríguez Osori,  S12   MIRKO
12. Mateo Carrillo Rey,  S12   OROSO
13. MATEO FERNANDEZ LOPEZ,  S12   CASINO
14. Nicolás Álvarez Villarong,  S12   SALESIANOS
15. Xiana Rosende Parada,  S12   MIRKO

CATEGORIA SUB10 (Posible unión con sub8)
1. Brandán Vázquez Nieto,  S10   COMPAÑIA DE MARIA
2. Gael Moliner González,  S10   SADA
3. José Luis Padial Abel,  S10   CASINO
4. Lucas Rey Fidalgo,  S10   CIDU
5. Lucas Rodríguez Vicente,  S10   ETX
6. MAR RODRIGUEZ COLLAZO,  S10   TDFC
7. Mauro Muiño Santiso,  S10   XDM

CATEGORIA SUB8
1. Nuno Moro Cernadas,  S8 1511  CIDU
2. ADRIANA BRAVO SUAREZ,  S8   CASINO
3. Anxo López Pena,  S8   SALESIANOS
4. Iago Iglesias Martínez,  S8   MIRKO
5. Iván Álvarez Villaronga,  S8   SALESIANOS
6. J. Luis Paraje Probaos,  S8   SADA
7. Lois Taboada Lopez,  S8   MIRKO
8. Mario Rubio Manzanares Tu,  S8   SSCC
9. Nicolás Vilariño Gómez,  S8   MIRKO
10. Noa Torreiro Vázquez,  S8   MIRKO
11. Pablo Fernández Medina,  S8   CIDU
12. Xián Cabezas Louro,  S8   OROSO

24/04/25

Torneo do XXXI Aniversario

O día 1 o noso club cumple 31 anos e abrimos a serie de torneos que formarán o noso calendario de probas. 

Celebramos que o 1 de maio de 1994 seis universitarios e un profesor promoveron a creación do Club de Iniciativas Deportivas Universitarias. Para a actividade imos contar co apoio da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e tamén do Sporting Club Casino que nos deixará empregar as súas instalacións unha vez mais. Igoalmenmte agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

Como xa fixemos en anos pasados e pensamos manter no futuro o Torneo tamén determina ao campión universitario da UDC na modalidade de rápidas (XXXIII Torneo Universitario de Rápidas) que será recoñecido cun trofeo a maiores.

BASES DO TORNEO ANIVERSARIO.

DATA: 
Xoves 1 de maio de 2025.

LOCAL DE XOGO:
Salóns da 4ª Planta do Sporting Club Casino.
Rúa Real 83 - A Coruña

HORARIO:
Presentación: 16,00-16,25
1ª Rolda: 16,30
2ª Rolda: 17,00
3ª Rolda: 17,30
4ª Rolda: 18,00
5ª Rolda: 18,30
Entrega de trofeos estimada: 19,00 a 19,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 15' + 3''. A criterio dos árbitros nas categorías inferiores poden no poñer reloxio, poñelo en ritmo finish ou só poñelo nas partidas longas.
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais, salvo que queden menos de dous minutos.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 
Tamén poderán participar socios do Sporting Club Casino sen estar federados.
Os participantes do torneo xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2017 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2016 e 2015.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2014 e 2013.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2011 e 2012.
Absoluta. Nados en 2010 ou anteriores.

En función do número de participantes realizaranse grupos estrictos por idade o combinados.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada grupo.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Medalla para todos os participantes sub14.

Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
Os primeiros torneos do Aniversario terán unha pequena cota no mes de maio, mentres que os xa programados para xuño e xullo serán de balde.
A participación neste torneo será de 5 euros. 
O máximo de participantes será de 80.
A data tope para anotarse será o 30 de abril ás 14,00.
Os xogadores participantes terán preferencia na inscrición dos demais torneos do Aniversario.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


OUTROS TORNEOS NAS PRÓXIMAS SEMANAS
En 2025 queremos consolidar os torneos de 2024, con pequenos cambios que agardamos se manteñan ano a ano. Hai unhas semanas publicáronse todos os torneos previstos deste programa, estando pendente a progrmación dos Torneos de Outono.
Outras probas previstos nas próximas semanas:
TORNEO DIA DAS LETRAS GALEGAS. 17 de maio. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
XXXIII TORNEO UNIVERSITARIO LÓSTREGO - (C.C. Odeón en Narón). 28 de xuño. Válido para ELO FIDE en ritmo lóstrego.
TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 5 de xullo.


CONSIDERACIONS FINAIS
Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento e da serie de probas (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar e modificar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

11/04/25

Semana Santa

Durante a Semana Santa non teremos actividade xa que o Centro Universitario de Riazor permancecerá pechado varios días.

Pero temos dúas propostas:

Hoxe venres: No CUR a partires das 19,30 para un venres mais de xadrez para universitarios e socios do CIDU.

Durante a Semana Santa: Faremos entre socios e mebros das nosas escolas unha clasificación combinada con todas as probas que ademais de este venres realicen os nosos socios en AGAX. Podedes ver as probas en www.xogandocoxadrez.eu e daremos un trofeo para o mellor clasificado das distintas actividades de Semana Santa.

E tamén por apuntarse no Torneo Online que está aínda aceptando xogadores.

A volta destas vacacións o CUR xa estará aberto ata mais tarde así que agardamos facer bastantes probas.

07/04/25

Xogade e Torneos 2025

O sábado pasado tivemos a fase intercomarcal de Xogade. Xogadores da Escola formaban parte de seis dos doce equipos que se clasificaran para o encontro... non estaba mal.

En canto aos resultados:
Categoria Benxamin. O XDM con tres xogadores das nosas escolas campión, o CIDU, con tres xogadores das nosas escolas Subcampión.
Categoría Alevín: No segundo equipo un xogador e dous no terceiro.
Categoría Infantil: Catro xogadores no terceiro e dous no cuarto. 

En principio con estes resultados so participarán na fase provincial os xogadores do XDM en Benxamin. Resumindo a cousa foi bastante ben pero tamén vimos cousas a mellorar que intentaremos facer para o próximo curso.

Por outra banda, rematado Xogade e con só dúas roldas mais da Liga, temos que anunciar a nosa importante serie de torneos. Estes son os que agardamos realizar neste 2025.
Quedaría o Torneo de Outono que facemos normalmente na primeira quincena de novembro.

Torneos duplicados nos dous campus:

Campus da Coruña:

1. Torneo Aniversario do CIDU. 1 de maio.
Ritmo: Rápidas
Realizarase conxuntamente co Torneo Universitario de Partidas Rápidas. Iniciado en 1992.

2. Torneo Día das Letras Galegas. 17 de maio.
Ritmo: Blitz
Válido para ELO FIDE

3. Torneo Xornada de Benvida á UDC. En data a determinar pola UDC. (Previsto Setembro).

Campus de Ferrol:

4. Torneo Cariño, Mes de Xullo.
Ritmo: Rápidas

5. Torneo Odeón - Narón. Finais de xuño.
Ritmo: Blitz
Válido para ELO FIDE
Realizarase conxuntamente co Torneo Universitario de Partidas Lóstrego.  Iniciado en 1992.

6. Torneo Xornada de Benvida á UDC. En data a determinar pola UDC. (Previsto Setembro).

Probas non duplicadas:

7. Torneo Asalto ao Castelo de Vimianzo. Primeiro sábado de xullo.
Ritmo: Blitz. Inclúe tamén torneo online.

8. Torneo promoción. En lugar e data por determinar.
Ritmo: Blitz
Actividade para difundir o xadrez e dar a coñecer o xadrez universitario.

9. Torneo Universitario. Iniciado en 1990. Previsto outubro e novembro
Dende curso 2024-2025 empeza a realizarse nos primeiros meses do curso para no posible non coincidir con exames e dar tempo á posible selección para Campionato de España Universitario.
Ritmo: Standard. Torneo a rolda semanal. En principio venres de outubro e novembro

10. Torneo Aniversario INCUDE. Xa realizado no mes de xaneiro.

11. Torneo de Verán Universitario. Previsto mes de xullo.
Ritmo: Standard. Torneo de luns a venres. Valedeiro para ELO FIDE.

04/04/25

Actividade 4 e 5

Chegamos abril, que veu coas típicas e tópicas choivas e temos estes días as seguintes actividades:

Hoxe venres abrimos no CUR ás 19,30. Bó momento para ir adestrar para as partidas do sábado.

O sábado teremos de mañá a fase intercomarcal de Xogade.

Así as 11.00 temos convocados a moitos dos nosos rapaces da escola, que xogarán nas tres categorías para pasar a fase provincial. Sorte para eles. 

Pola tarde temos liga:

ROLDA-9 05-04-2025
TDFC dulce - CIDU INCUDE PIZZA MOVIL
REGATAS DE PERILLO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA

Aínda que en principio os dous equipos xogarían fora da casa, Regatas Perillo pediu xogar no CUR por non estra disponible Vila Concepción.

E lembramos que imos iniciar o Torneo Online? Apúntate xa!.