29/06/25

Resultados do Torneo no Odeón

O torneo valedeiro para ELO FIDE no Campus de Ferrol tivo lugar este sábado 28.

Como en anos anteriores a actividade foi acollida polo Centro Comercial Odeón, a quen lle agradadecemos a axuda para esta actividade.

Unha proba que forma parte dos torneos que realizamos co apoio da Deputación da Coruña.

O gañador do torneo foi o presidente do Smyslov Sada, Lois Carril.

Como en anos anteriores o torneo tamén era o universitario blitz, na súa edición xa 33. Neste caso o mellor universitario foi Jaime Arangüena, mellor estudante da UDC

Clasificación:

Ran. Tít.Nombre Fed. FIDE FIDE IDOrigen/Club 
1Carril Garcia, LuisESP19902268655SADA
2Varela Peteira, DavidESP193432020139NARON
3Camargo Picon, Josue FernandoVEN19193921824CXF
4Lopez Vazquez, GonzaloESP1820523002352CIDU
5Codesido Sanchez, DanielESP180732081928CIDU
6Chen Lin, Yan QingESP176322241671CFX
7Aranguena Laffon, JaimeESP170794797005CIDU
8Garrido Prieto, PabloESP1590535017660CXF
9Ciuffi Bompeza, Tito FrancoESP155954543797NARON
10Souto Perez, JorgeESP151854781965CFX
11Camargo Picon, MariangelVEN15103933598CXF
12Estrada Romero, Erick JairESP150194797013CIDU
13Gonzalez Sanchez, AlexESP0535082283SADA
14Rey Fidalgo, LucasESP0535098945CIDU
15Tuimil Calvo, JavierESP032001215NARON

27/06/25

Fin de semana

Fin de semana intensa.

Hoxe temos a Nuno no Campionato de España Sub8

Á hora de escribir esto e tras dúas partidas, gañou as dous sendo o mellor dos galegos. 

A ver como segue a cousa. Información en: https://info64.org/campeonato-de-espana-sub-8-2025/standings

Tamén hoxe venres non estraemos no CUR, no seu lugar animamos a xente a pasar polo Centro Comercial Los Rosales onde hai a última das tardes de xadrez de xuño e un torneo blitz amigable ás 20,00.

Hoxe remata teamén o concurso de relatos irmandiños, do que se dará a coñecer o gañador no Torneo do Asalto o día 5 de xullo.

Este sábado teremos o noso último torneo blitz valedeiro para ELO FIDE deste 2025. Será no Odeón e ñe de balde.

E finalmente do luns ao venres teremos o Torneo Campus de Riazor, valedeiro para ELO standard.



24/06/25

Próximas actividades

Nos próximos días imos ter dous torneos valedeiros para ELO FIDE:

O Torneo Universitario Lóstrego en Narón (C.C. Odeón) e o Torneo Campus de Riazor no CUR.

Unha boa ocasión participar nestas probas apoiadas pola Deputación da Coruña

TORNEO ODEON
28 de Xuño
O noso xa tradicional torneo no Centro Comercial Odeón.
Valedeiro para ELO FIDE e no que o mellor universitario será nomeado campión do curso na modalidade lóstrego.

TORNEO CAMPUS DE RIAZOR
30 de xuño ao 4 de xullo
O Torneo de lentas valedeiro para ELO FIDE que o ano pasado realizamos no mes de setembro.

16/06/25

Programación

Temos uns días intensos de actividade nesta semanas de finalización do curso e imos a destacar algunhas das actividades para os próximos días:

Luns 16 e mércores 18.
Clases con Brais no CUR de 17,30 a 19,30

Venres 20.
Remata o Curso e a idea é realizar as clases con Brais e un torneo.
Pero xa que o profesor ten que ir a Madrid o xoves agardaremos ao mércores para planificar este día.
En principio sería as clases de 17,30 a 19,30 e posteriormente un pequeno torneo amigable de peche de curso.

Sábado 21.
A idea é realizar unha Xornada Lúdica no CUR ás 17,00, con algún xogo e preparación do Torneo Domingos Merino que se celebra o mesmo sábado ás 20,00 no Centro Comercial Los Rosales e que é valedeiro para ELO FIDE.
A información do Torneo está en www.clubludo.com
O Torneo coincide cunha das probas do circuito promoción da FEGAXA onde Nuno está a ter bos resultados na categoría sub8 e anda a participar nos adestramentos da selección galega.
Tamén coincide cun torneo de lentas en Espacio Coruña (pero é posible pedir un bye de medio punto).

A escribir!!
Se es dos que gostas de escribir temos un Concurso de Microrrelatos. Non ten que ver co xadrez pero é parte da nosa actividade para o Asalto ao Castelo

TORNEO ODEON
28 de Xuño
O noso xa tradicional torneo no Centro Comercial Odeón.
Valedeiro para ELO FIDE e no que o mellor universitario será nomeado campión do curso na modalidade lóstrego.

TORNEO CAMPUS DE RIAZOR
30 de xuño ao 4 de xullo
O Torneo de lentas valedeiro para ELO FIDE que o ano pasado realizamos no mes de setembro.

TORNEO ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO
Sábado 5 de xullo
Un ano mais temos o torneo de xadrez en Vimianzo.
Se non coñeces este día, aconsellamos que vaias a coñecer esta festa.

TORNEO EN CARIÑO
Sábado 12 de xullo
Un torneo para pasar o día coñecendo o Ortegal e botando unhas partidas amigables nun torneo por categorías (xemelgo ao aniversario que realizamos o 1 de maio).
A foto que ilustra esta noticia é desta actividade en 2024.

Estamos a concretar algunhas cousas mais como o Torneo no Pazo de Tor. Pero entre as nosas actividades e as previstas polos entidades coas que colaboramos o verán vai estar bastante completo.

12/06/25

Torneo en Cariño

Os dous torneos do Campus de Ferrol organizador polo CIDU e INCUDE previstos son os de variedade lóstrego no Centro Comercial Odeón, e frepetimos en Cariño o 12 de xullo, co apoio do Concello. Agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

BASES DO TORNEO ANIVERSARIO EN CARIÑO

DATA: 
Sábado 12 de xullo de 2025.

LOCAL DE XOGO:
Paseo marítimo (Cobertizo).

HORARIO:
De 15,00 a 17,00 resolveremos as dúbidas sobre o xadrez e a competición a tódolos interesados e ensinaremos os movementos básicos do noso xogo.

A presentación dos xogadores inscritos e inscricións tardías serán de 16,30 ata 16,50
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 19,30 a 20,00.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderá participar calquera interesado. 
Os participantes da actividade xogarán nas seguintes categorías dacordo a súa idade:

Sub8 ou Prebenxamin. Nados en 2017 ou seguintes.
Sub10 ou Benxamin. Nados en 2015 e 2016.
Sub12 ou Alevín. Nados en 2013 e 2014.
Sub14 ou Infantil. Nados en 2012 e 2011.
Absoluta. Nados en 2010 ou anteriores.

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Libro e pequeno agasallo para todos os participantes.
Medalla para todos os participantes sub14.

Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
De balde. A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

11/06/25

Torneo Asalto

Neste 2025 ademais dos dous torneos do Campus da Coruña e dos dous do Campus de Ferrol imos facer da nosa actividade no Asalto ao Castelo de Vimianzo o outro punto forte desta programación.

Para a actividade imos contar co apoio dos organizadores desta espectacular festa do Asalto, da nosa entidade matriz; a asociación de estudantes da UDC INCUDE e agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.

O Torneo de Rápidas que se disputará pola mañá será un dos aspectos dunha programación na que INCUDE promoverá outros concursos de xogos de taboleiro e de microrrelatos.




10/06/25

TORNEO CAMPUS RIAZOR

BASES TORNEO CAMPUS RIAZOR

Organizan: CIDU e INCUDE.

Datas: Do luns 30 de xuño ao venres 4 de xullo de 2025.

Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 16,30. Horario das partidas: 17,00 horas.

Local de xogo: Centro Universitario de Riazor. Almirante Lángara s.n. 

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas 

ELO: O torneo será válido para ELO standard.

Ritmo de xogo: 60´+ 30” 

Horario de clausura: O último día de xogo tras as partidas. 

Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA. 

Participación: 

Será necesario contar con licenza federativa en vigor.

Haberá un máximo de 32 participantes.

Reservado a xogadores con ELO inferior a 2400.

Inscricións:

A cota será de 15 euros. 

Descontos acumulativos -5 euros xogadores do CIDU en 2025 ou compromiso de xogo para 2026. -5 euros alumnos da Universidade da Coruña.

A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:

PREME

O prazo permanecerá aberto ata o 28 de xuño ou ata que se complete o aforo previsto.

O pago realizarase durante a primeira xornada de xogo.

Premios: 

1º posto: Trofeo e 90 euros.

2º posto: Trofeo e 65 euros.

3º posto: Trofeo e 40 euros.

4º posto: 20 euros.

1º clasificado estudante da UDC: Trofeo e 20 euros.

E obrigatoria a presenza na clausura para recoller os premios. 

Director do Torneo: Ernesto Pérez Ramil.

Árbitro do Torneo: Francisco Javier García Veiras.

Comité de Competición: Non haberá Comité de Competición. As decisións do árbitro poderán ser reclamadas ante o director do torneo que resolverá.

Actividades complementarias: A organización marcará diversas actividades en horario previa a cada rolda.

Aspectos varios:

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE. 

En caso de xogadores que se inscriban e non asistan ou se retiren sen aviso previo do torneo a organización vetará a súa participación en calquera outro torneo organizado polas entidades convocantes nos próximos dous anos.

A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de modificar as bases do torneo sen outro requisito que a publicación na web da entidade.

09/06/25

Clases con Brais

Tras comentar coa xente interesada nestas dúas semanas as clases con Brais quedan do seguinte xeito:
Luns 9, mércores 11, venres 13, luns 16, mércores 18 e venres 20.
En horario de 17,30 a 19,30.
No Centro Universitario de Riazor.
Prezo por día: 15 euros (a pagar directamente ao monitor).
Teléfono de consulta con Brais: 698 12 98 63

Nestes días agardamos publicaremos mais actividades para estes días.