17/04/14

Novo circuito

Empezamos un novo circuito de aperturas forzadas. Serán 10 probas de aquí ao final do curso.
Ademais da apertura forzada o novo circuito ten a característica de xogarse con incremento en vez de facelo a finish como é tradicional nos torneos dos venres.
Por este motivo do último torneo a derradeira rolda xogouse en parte días mais tarde xa que o CUR pechou antes do remate do Torneo.
Temos por este motivo pendentes as partidas do primeiro Torneo (Caro-Kann):
Carlos Castedo,   - Dani Codesido
Fernando Recamán, - Diego Medín,

12/04/14

Ernesto Pérez gañou a última proba do Circuito de Rápidas

Ernesto Pérez gañou o derradeiro torneo do Circuito de Rápidas que tivo lugar no Pazo dos Deportes. A segunda praza de Santiago Domínguez consolidouno como primeiro no circuito.

Clasificación do Torneo:

1. Ernesto Pérez
2. Santiago Domínguez
3. Luis Rodríguez
4. Carlos Castedo
5. Manuel Andión

Clasificación Final do Circuito:

Nome T1 pt1 T2 pt2 T3 pt3 T4 pt4 T5 pt5 T6 pt6 TOTAL
Santiago Domínguez 2 7 1 6 1 7 6 3 1 6 2 4 33
Ernesto Pérez 7 2 3 4 3 5 1 8 3 4 1 5 28
Daniel Codesido 4 5 2 5 2 6 2 7 5 2   25
Daniel Mayo 5 4 6 1 4 4 4 5     14
Diego García-Muñoz 1 8       2 5   13
Manuel Andión 6 3 4 3 5 3 7 2 6 1 5 1 13
Carlos Castedo     6 2 3 6   4 2 10
Fernando Recamán 3 6       4 3   9
Luis Rodríguez 8 1 5 2 7 1 8 1   3 3 8
Diego Medín       5 4     4

11/04/14

Final do I Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

Xogouse a fase final do I Campionato en liña da UDC. Estaban clasificados os 3 primeiros de cada un dos tres grupos da fase previa. Por elo os favoritos eran Santymagno, Pampin, zerdeja1969, LoLTheoretician e Chouso, por este orden.
Axiña as incomparecencias fixeronse patentes e, a pesares de que había a opción de coller 10 días de vacacións e esperouse a comezar ata despois dos exames, varios xogadores perderon varias ou todas as partidas da final. Estes xogadores foron TheRealTod, ecs41 e danidt, aos que se engadiría máis avanzado o torneo un dos favoritos, zerdeja1960.
Así pois, realmente o torneo xogouse nunha final a 5 onde foron destacándose pouco a pouco os favoritos. Santymagno e LoLTheoretician comezaron con moita forza gañando todas as suas partidas da ida mentres que os outros 3 ían pinchando. O enfrontamento directo entre os dous novos favoritos ía decantándose da parte de LoLTheoretician, que gañou todas as partidas da ida. No terceiro posto colocábase Pampin con algúns altibaixos.
Na fase de volta Pampin recobraba folgos cunha merecida victoria fronte a Santymagno e boas perspectivas fronte aos demais. Lamentablemente aquí aconteceu unha situación que marcou o desenrolo vindeiro do resto do torneo, nos Carnavais Pampin non se poido conectar e non puxo vacacións, así que perdeu varias das suas partidas en xogo, facéndolle moi difícil chegar xa ao podio.
Con este percance, a victoria quedaba so en mans dous dous primeiros: LoLTheoretician e Santymagno. Santymagno tiña xa 2 derrotas e aínda que presionou ao seu rival ata conseguir facerlle perder a sua única partida no torneo, a sua solidez gañando todalas demais partidas deulle unha cómoda e merecida victoria a LoLTheoretician. A terceira praza foi para Chouso despois dunha boa fase de volta e coa axuda da retirada de Pampin, que aínda así quedou cuarto. Quinto foi jmandion.
A entrega de premios aos tres primeiros clasificados será o 27 de abril no Sporting Club Casino da Coruña xunto coa entrega de premios da Copa Galicia. Moitas grazas pola ampla participación (34 xogadores) e esperamos que o ano que ven sexamos moitos máis.

04/04/14

Final do circuito de rápidas

Hoxe remataremos o circuito de partidas rápidas. A vindeira semana empezaremos o circuito de aperturas.
Cousas especiais para o torneo de hoxe:

Terá lugar ás 20,00 horas e non ás 20,30
Non será no CUR se non no Pazo dos Deportes (entrada ao lado das taquillas preguntais polo xadrez)
Ao gañador lle daremos unha entrada para o concerto solidario de mañán.

Revolver e Tregua. A música de Tregua acompaña un dos videos que andan pola rede de AGAX e o cantante é coñecido dun dos directivos. Así que por solidariedade e por amizade facemos este xesto agardando que o gañador compre mais entradas para ir acompañado.

02/04/14