01/12/18

Torneo Venres 30 de novembro de 2018

Despois dos Torneos de Outono da fin de semana pasada voltamos con outro torneo de rápidas.
O resultado foi o seguinte.

Clasificación do torneo:

1. - Daniel Codesido, con 5 puntos.
2. - Ernesto Pérez, con 4 puntos.
3. - Florencio Gonzélez, con 4 puntos.
4. - José Manuel Andión, con 2 puntos.
5. - Manuel Andión, con 2 puntos.
6. - Héctor Rodríguez, con 2 puntos.
7. - Nacho López, con 1 puntos.

27/11/18

Resultados dos Torneos de Outono


Sábado 24:

Liga de Outono por equipos:

1º Sigrás (José Fernández Otero, Rodrigo Pena Barbeito e Guillermo Esteban Quiñoá)
2º CIDU (Daniel Codesido, Manuel Mirás e Brais Casas)
3º Xadrez das Mariñas (Francisco Javier García, Florencio González e Héctor Rodríguez)

Torneo de Pazapezas:

1º Rodrigo Pena Barbeito e Guillermo Esteban Quiñoá
2º Francisco Javier García e Florencio González
3º Brais Casas e Héctor Rodríguez
4º David Pérez e Adrián Quevedo
5º Daniel Codesido e Manuel Mirás

Domingo 25:

Torneo de Outono individual:

Categorías Sénior, Absoluto e Sub14:
1 José Fernández Otero,  1926 4.5 10.5 14.5 14.5
2 Brais Casas,   4 8.5 14.5 12.0
3 Florencio González,  1529 3.5 9.5 16.0 10.5
4 Rodrigo Pena,  1661 3.5 7.5 14.0 12.5
5 Santiago Domínguez,  1910 3.5 7.5 13.5 11.5
6 Fernando Recamán,  1590 3 9.5 15.0 12.0
7 Héctor Rodríguez,   3 8.5 12.5 8.0
8 Roberto Serrano,   3 7.5 13.0 9.0
9 David Pérez Cuns,    3 6.0 10.0 7.5
10 Francisco García,  1702 2.5 8.0 14.0 7.5
11 Jorge Humberto Barale,  1279 2.5 8.0 11.5 7.5
12 Adrián Quevedo,   2.5 7.0 12.0 6.0
13 Guillermo Esteban Quiñoá,  1398 2 8.5 12.5 7.0
14 Félix García,   2 8.0 11.5 3.0
15 Enrique Peña,   2 5.5 9.0 5.0
16 Daniel García,   2 5.0 8.5 5.0
17 Silja Molist,   1.5 9.0 13.0 5.5
18 José Manuel Fernández,   1 6.5 10.5 3.0
19 Manuel Mirás,  1206 0 7.0 13.0 0.0

Categorías Sub12, Sub10 e Sub8:
1 David Visos,  2009   4.5 8.0 12.0 14.5
2 Nicolás Rivas,  2009   4 8.0 14.5 10.0
3 Marcos Rial,  2009   3 8.5 15.0 10.0
4 Jacobo López,  2009   3 7.5 13.5 8.0
5 Adrián Seijas,  2008   3 7.5 12.5 7.5
6 Andrés Fernández,  2006   3 5.0 8.0 8.0
7 Rubén Troiteiro,  2011   2.5 8.0 13.0 10.0
8 Arturo Rivas,  2011   2 9.0 15.0 7.0
9 Gonzalo Pena,  2008   2 8.0 12.5 6.0
10 Jorge Sánchez,  2006   2 7.0 10.5 4.0
11 Daniel Boedo,  2013   1 8.0 14.0 5.0

18/11/18

TORNEOS DE OUTONO DE XADREZ

Nome do Torneo: TORNEOS DE OUTONO DE XADREZ

Datas: 24 e 25 de novembro de 2018.

Lugar: Centro Universitario de Riazor - Rúa Almirante Lángara, s/n 15011 A Coruña

Sábado 24 de novembro.

Teremos dous torneos: Torneo por equipos integrados por 3 persoas e Torneo de Pasapezas (o chamado Mundial de Pasapezas).

O ano pasado fíxose uhna colecta para o Banco de Alimentos. Este foi o resultado.

Por iso, este ano volvemos a pedirvos axuda para recolectar alimento.

Para participar nos torneos pedimos que cada un dos xogadores achegue algún dos seguintes alimentos: aceite, leite, garavanzos, lentellas, fabas, conservas vexetais, conservas de peixe, azucar, fariña, café ou cacao (mellor se o valor está en torno aos 2 euros). Todo o recollido irá para o Banco de Alimentos Rías Altas e a súa recollida anual.

Para esta edición imos poñer una cota de 1 euro para a asociación de defensa do patrimonio que estamos a promover. Basta con entregar os alimentos e a cota unha soa vez para todos os torneos.

Torneo por equipos.

Horario: 17,00 a 20,00.
Equipos formados por tres xogadores.
Trofeo para os tres primeiros equipos clasificados.

Campionato de Pasapezas.

Horario: 20,00 a 21,00.
Trofeo para a parella vencedora.

Domingo 25

Para participar no torneo do domingo pedimos que cada un dos xogadores achegue algún dos seguintes alimentos aceite, leite, garavanzos, lentellas, fabas, conservas vexetais, conservas de peixe, azucar, fariña, café ou cacao (mellor se o valor está en torno aos 2 euros). Todo o recollido irá para o Banco de Alimentos Rías Altas e a súa recollida anual. Ademais hai unha cota de 1 euro por xogador. A cota irá integramente para a asociación de defensa do patrimonio promovida, entre outras entidades, polo CIDU. Se xa entregastes alimentos e cota nalgún dos torneos do sábado non é necesario repetir.

Horario: 17,00 a 19,30.
Ritmo de 15 minutos por xogador (17,00 / 17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00)
Seis categorías: Sénior, Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados das distintas categorías e unha medalla para todos os sub14 participantes.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Participantes: Máximo 40
Inscricións: Abertas ata o mesmo sábado 24.
Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREMER AQUÍ

INSCRIBIRSE NA LISTA DE CORREO

21/10/18

Torneo Venres 19 de outubro de 2018

Este venres decidimos organizar un torneo de rápidas e así quedou a cousa:

Clasificación:
1. Florencio González
2. Ernesto Pérez
3. Gonzalo Cambón
4. Héctor Rodríguez
5. Carlos Castedo
6. Manuel Andión
7. Nacho López

20/09/18

ESCOLA XADREZ 2018-2019

O mes de outubro inicia o novo curso a Escola de Xadrez de INCUDE e CIDU que este ano realiza diferentes cambios. Como gran novidade a inclusión de clases en inglés.

Aínda que os resultados acompañan nos últimos anos. parece evidente que son necesarios certos cambios e neste curso haberá cambios no profesorado.

Propoñemos dez grupos que funcionarán cun mínimo de 4 participantes.

--- CLASES ---

1. LUNS, no Centro Universitario de Riazor.
17,30 - 18,30: Grupo de Iniciación para calquera idade.
Profesorado: Héctor Rodríguez

2. MÉRCORES, no Centro Universitario de Riazor.
17,30 - 18,30: Chess in English (Iniciación al ajedrez. Clases en inglés).
Profesorado: Iván García

3. MÉRCORES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
18,30 - 19,30: Grupo de Iniciación para alumnos da Universidade Senior.
Profesorado: Ernesto Pérez / Héctor Rodríguez

4. MÉRCORES, no Centro Universitario de Riazor.
18,30 - 19,30: Chess in English II (Problemas de ajedrez. Clases en inglés).
Profesorado: Iván García

5. MÉRCORES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
20,30 - 21,30: Grupo de adestramento en finais de xadrez.
Profesorado: Ernesto Pérez

6. XOVES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
16,00 - 17,00: Grupo de Iniciación para calquera idade
Profesorado: Héctor Rodríguez

7. VENRES, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
16,30 - 17,30: Grupo Selección Sub 10 / Benxamín
Profesorado: Héctor Rodríguez / Ernesto Pérez

8. VENRES, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
17,30 - 18,30: Grupo de Iniciación para calquera idade
Profesorado: Héctor Rodríguez

9. VENRES, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
20,30 - 21,30: Grupo para monitores e árbitros
Profesorado: Ernesto Pérez

10. SABADO, no CUR (Centro Universitario de Riazor, antiga Escola de Empresariais)
12,00 - 13,00: Grupo Selección Sub 14 / Infantil
Profesorado: Ernesto Pérez

-----     *****     -----

1. Iremos informando nesta páxina da confirmación dos grupos cando cheguen ao mínimo.
2. Existe a opción de suxerir novos grupos a partir de 4 asistentes.
3. Ademais das clases ofertadas existen dous grupos mais os xoves pola tarde en Artesanos.
4. Os participantes nas actividades da Escola poderán asistir de balde aos torneos amigables que se fagan os mércores de 19,30 a 20,30 na Normal e os sábados de 13,00 a 14,00 no CUR de outubro a xuño.
5. Se alguén desexa clases particulares na súa casa podemos facer un orzamento persoalizado.

-----     *****     -----

As cotas seguen mais ou menos como na liña dos dous últimos cursos, cun lixeiro aumento en relación ao pasado.

A) INSCRICIÓN INICIAL PARA OS ASISTENTES ÁS CLASES
Con esta inscrición está incluida a condición de socio de INCUDE (no caso de universitarios) e CIDU co pago da licenza federativa para 2019. 15 euros.

B) COTAS PERIÓDICAS CLUB ESCOLA
Cota trimestral por unha actividade: 36 euros.
Cota trimestral por dúas actividades do mesmo alumno: 60 euros.
Os pagos serán ao inicio de cada trimestre. Cada trimestre haberá un pequeno agasallo para os participantes.


-----     *****     -----



En calquera caso será necesario cubrir un impreso físico o primeiro día de actividade.

-----     *****     -----