23/10/22
INCUDE XERAL: SAMAIN 2022
19/10/22
Circuito de Outono
Como noutros cursos será unha serie de torneos de partidas rápidas a disputar os venres. Neste caso maioritariamente no Centro Comercial Los Rosales ás 20,00.
Días de xogo: 21 e 28 de outubro e 4, 11, 18 e 25 de novembro.
A cota de participación é de 1 euro. O campión do circuito levará un trofeo.
Para participar achégate ao Centro Comercial Los Rosales (1ª Planta).
Durante este trimestre de inicio de curso iremos publicando mais novidades semanalmente.
15/10/22
Resultados pendentes
É o caso do Torneo de Nocturnia desenvolto no CUR o 20 de maio:
1º. Laura 6
2º Alvaro 5
3º Juan 4
4º Marcos 3
5º Schiavone 2
6º Alexia 1
7º Raquel 0
1. Daniel C. 5
2. Nicasio 3
3. Juanjo 2,5
4. José Alberto 2
5. Luis R. 1,5
6. Daniel P. 1
15/08/22
Mércores: Aproximación ao xadrez terapeutico.
Unha pequena presentación, comentarios e explicacións de xadrez e de "minixogos" baseados no mesmo.
De 19,00 a 21,00.
Anímate.
10/08/22
O xadrez: ximnasio da mente.
INCUDE realizará a vindeira semana tres sesións para promocionar o xadrez na súa faceta de actividade saudable para o noso cerebro.
Como sabedes a entidade animou o proxecto do Departamento de Xerontoloxía sobre o beneficio do xadrez nas demencias (VER ESTUDO INICIAL). Na actualidade ademais de seguir con este estudo para o que se están a buscar fondos, a idea é iniciar outros no campo do xadrez e a saúde.
Pero centrándonos no positivo para o cerebro, as actividades, que se desenvolverán en Vila Concepción, grazas á colaboración do Concello de Cambre, son as seguintes:
Departamento de Xerontoloxía da Universidade da Coruña e dos resultados publicados na revista
científica Geriatric Nursing.
Xogos diversos que axudan a ter o cerebro adestrado. A asociación internacional dos deportes de mente. Xogos clásicos que se poden desenvolver en taboleiros de xadrez: damas e Go/Reversi. Explicación dos mesmos. Torneos amigables de dous dos xogos.
Torneo a celebrar o día seguinte. Realizaríase un torneo amigable para a aplicación práctica do
explicado (20,00-21,00).






