11/10/12

Escola Universitaria de Xadrez

A actividade de hoxe consistiu en ver un pouco dunha partida Petrosian - Mecking e logo xogar unhas rápidas.
(Asistentes: Carlos C., Isidro A., Dani M., Manuel F., Manuel A. e José Manuel A.) 

07/10/12

Participación no XVIII Torneo Virxe do Rosario

Boa participación de xogadores do CIDU no duro Torneo do Rosario, que nesta edición de 2012 tivo como gañador a Aleksa Strikovic.
Acudiron a xogar do nos club Santi, Dani, Manuel G., Manuel F., Fernando R. e Alfonso C.
Non houbo moita sorte nos torneos, pero algunha mais nos sorteos de premios.

05/10/12

Primeiro Torneo do Curso


O primeiro torneo do Curso estivo bastante concurrido, aínda que non é válido para o circuíto. José Manuel Andión logrou a victoria neste loitado torneo seguido de Daniel Codesido.

1. José Manuel Andión,
2. Daniel Codesido,
3. Santiago Domínguez,
4. Luis Carlos Martínez,
5. Manuel García,
6. Ernesto Pérez,
7. Isidro Alfaro,
8. Florencio González,
9. Daniel Mayo,
10. Francisco Domínguez,
11. Manuel Andión,

04/10/12

Empeza o Curso 2012-2013

Co mes de outubro escomeza as actividades da Escola Universitaria de Xadrez, no Pabillón de Deportes de Elviña.
Os interesados en participar deben ter o abono de deportes da UDC se son membros da Comunidade Universitaria ou ben pagar a matrícula externa (40 euros ano) se non son membros.
Nesta primeira sesión realizouse unha pequena proba de coñecementos e logo un comentario de partidas.
(Asistentes: Isidro A., Daniel M., Santi D., Manuel A., Carlos C. e José A.) 

30/09/12

Cambio na directiva do CIDU

Este mes de setembro deixou o cambio na Xunta Directiva.

Presidente: Ernesto Pérez
Vicepresidente: Diego García-Muñoz
Secretario Xeral: Santiago Domínguez
Tesoureiro: Daniel Codesido
Vocal: Luis Patiño