22/10/17

Bases do V Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

Bases do V Campionato Interno de Xadrez en Liña da Universidade da Coruña

1. Poderán participar todos os membros da comunidade universitaria da UDC: estudantado, persoal de administración e servizos, persoal de proxectos e convenios, e persoal docente e investigador. Do mesmo xeito, poderán participar tamén os socios de INCUDE e CIDU, e os alumnos egresados da Universidade da Coruña.

2. A plataforma de xogo será www.chess.com. Os participantes deberán ter unha conta na devandita páxina, completamente gratuíta, e poderán xogar as partidas tanto vía web como a través das aplicacións gratuítas para móbil existentes.

3. O torneo dará comezo o 15 de novembro de 2017. Todos os participantes deberán enviar unha mensaxe ao enderezo de correo electrónico incude@udc.es indicando o seu nome, apelidos, centro/servizo e usuario en chess.com antes do 15 de novembro (pecharemos o prazo ao remate da feira de Asociacións da UDC).

4. A inscrición é gratuíta e non hai límite de prazas.

5. O sistema de xogo será de dobre round-robin (todos contra todos con ambas cores), cunha fase previa de grupos e unha posterior fase final, en función do número de participantes. A fase final, de habela, comezará en canto rematen todos os grupos da fase previa. En cada grupo xogarase contra todos os rivais á vez, primeiro cunha cor e logo coa contraria. Na fase final os xogadores non serán eliminados, senon que quedarán divididos en diferentes grupos en función do seu nivel, con opción a premio ao mellor do seu grupo.

6. O ritmo de xogo será de tres días por xogada para toda a partida, con dereito a vacacións.

7. Os sistema de desempate será o empregado por chess.com en primeiro lugar (sonnenberg-berger) e, de ser necesario, os seguintes desempates aplicados pola organización: (1) sonnenberg-berger, (2) maior número de victorias, (3) maior número de victorias con negras, (4) resultado particular, e (5) sorteo.

8. A organización resérvase o dereito de adxudicar o resultado dunha partida se cre que se está alongando de xeito malintencionado evitando innecesariamente a finalización do torneo. Non está permitido usar as vacacións para alongar intencionadamente unha ou varias partidas.

9. Non está permitido empregar módulos, bases de finais, ou consultar a outros xogadores. Si están permitidos libros de aperturas ou libros de calquera outra temática tanto físicos como virtuais. As decisións da plataforma de chess.com con respecto as trampas son inapelables. Se a organización entende que un xogador está a empregar módulos, este será expulsado do torneo.

10. Premios: Trofeo para os tres primeiros. A organización reservarase o dereito de dar premios aos gañadores dos diferentes grupos.

11. A participación no torneo supón a aceptación das presentes bases.

09/10/17

ACTIVIDADE NA NORMAL

Esta semana empezan as actividades do curso 2017-2018 na NORMAL, en colaboración coa UDC-SENIOR.

Lembramos que estas son as propostas do horario:

MÉRCORES, na Normal (Espazo de Intervención Cultural da UDC, antiga Maxisterio).
As actividades empezarán o día 11 de outubro.

17,30 - 18,30: Grupo de Iniciación para calquera idade.
Iniciación no xadrez. Libro de traballo (de balde ao alumno): Iniciación ao xadrez.

18,30 - 19,30: Grupo de Iniciación para alumnos da Universidade Senior.
Iniciación no xadrez. Libro de traballo (de balde ao alumno): Problemas sinxelos II.

20,30 - 21,30: Grupo de Adestramento para participantes na Liga Federada.
Libro de traballo (de balde ao alumno): Medioxogo.

Tamén importante é a celebración todos os mércores de 19,30 a 20,30 dun torneo de partidas rápidas.

--- COTAS ---

As cotas seguen mais ou menos como no curso pasado cun pago inicial (10 euros) e unha cota mensual (10 euros) que se pagará trimestralmente.

23/09/17

Xadrez en Artesanos

A Asociación de Artesanos ven de publicar a súa oferta de cursos.

Como sabedes dende o curso 2016-2017 Artesanos ven de entrar no grupo de Xadrez das Mariñas, coma nos.

Polo tanto temos a CIDU, Sigrás e Artesanos traballando xa conxuntamente (e con Betanzos nas categorías escolares).

Se estás interesado:

Luns de 18,00 a 19,00 Grupo de Iniciación.

Xoves de 17,30 a 18,30 Grupo de Iniciación.

Xoves de 18,30 a 19,30 Grupo de Iniciación.

Xoves de 19,30 a 20,30 Grupo de práctica de finais.

Todos os xoves ás 20,30 torneo de rápidas, de balde para os socios.

Participar nas actividades de Artesanos e un pouco mais caro que no CIDU pero permite acceder todos os días da semana aos servizos deste centro e a unha das dúas únicas salas de xadrez permanentes da Coruña.

Se queres mais información PREME

21/09/17

Grupo confirmado: Grupo Infantil

Grupo sub14 integrado polos membros do equipo alevín escolar do curso pasado e outros seleccionados.

Inicio confirmado das clases: 23 de setembro.

Horario: Sábado de 12,00 a 13,00

Datas de nacemento: Ano 2004 ou seguintes.

Material de traballo: 
* Bolígrafo.
* Fichas de nivel II de AGAX (temario completo PREME).

Ademais os monitores entregarán material aos alumnos para traballar na casa.

Programación primeiro trimestre:

Durante este trimestre ademais das clases se desenvolven diversos torneos; en outubro o Virxe do Rosario, en novembro o Torneo de Outono e en decembro o Torneo de Nadal. Ademais estamos á espera de que se confirme a realización dos Xogos Escolares da Coruña que de ser como o ano pasado serían os venres de 18,00 a 20,00, compatibles con esta actividade.

23 de setembro: Control

30 de setembro: Mates sinxelos, mate de Torre e mate de dama. Exercicios con mates.

7 de outubro: O inicio da partida de xadrez, O desenvolvemento das pezas.

14 de outubro: Conclusión dos principios de aperturas. As partidas curtas.

21 de outubro: Algunhas aperturas coñecidas.

28 de outubro: Control

4 de novembro: O plan de xogo. Posicións que hai que aproveitar.

11 de novembro: Os xaques ao descuberto. A desviación.  A atracción.

17 de novembro: O cadrado do peón. A oposición. As casas gañadoras.

24 de novembro: Algúns finais de peóns.

2 de decembro: Problemas de xadrez.

16 de decembro: Control.

Programación segundo trimestre:

Durante este trimestre en xaneiro empeza a liga (xógase os sábados pola tarde dende final de xaneiro a abril), en febreiro o Torneo de Entroido e en marzo hai dous domingos nos que se disputa a fase local do deporte escolar en Cambre (nestas competición o Club xoga baixo a organización do Club Xadrez das Mariñas), a proba na que realmente podemos medir como vai a actividade en canto a nivel de xogo.

13 de xaneiro: Repaso ao primeiro trimestre.

20 de xaneiro: Problemas de xadrez.

27 de xaneiro: Estratexia e táctica. A cravada como tema táctico.

3 de febreiro: O xaque á descuberta e a desviación como temas tácticos.

10 de febreiro: Control.

17 de febreiro: Técnicas de ataque: Rei no centro e sacrificio de alfil en sétima.

24 de febreiro: Técnica de ataque co Mate Philidor.

3 de marzo: Prácticas de ataque.

10 de marzo: Resolución problemas.

17 de marzo: Repaso

24 de marzo: Control. (Diploma nivel II AGAX)

Programación terceiro trimestre:

Durante este trimestre desenvolvense moitos torneos e remata a Liga. Se todo foi ben se disputan as fases seguintes do deporte escolar nos que medirse co restos de clubes da comarca.

A programación estará en función do acontecido ata o momento e publicarase durante a Semana Santa.

20/09/17

Grupo confirmado: Grupo Benxamin

Grupo sub10 integrado polos membros do equipo prebenxamín escolar do curso pasado e outros seleccionados.

Inicio confirmado das clases: 22 de setembro.

Horario: Venres de 16,30 a 17,30

Datas de nacemento: Ano 2008 ou seguintes.

Material de traballo: 
* Bolígrafo.
* Fichas de nivel I de AGAX (temario completo PREME)
* Libro de traballo (de balde ao alumno): Problemas sinxelos II.

Programación primeiro trimestre:

Durante este trimestre ademais das clases se desenvolven diversos torneos; en outubro o Virxe do Rosario, en novembro o Torneo de Outono e en decembro o Torneo de Nadal. Ademais estamos á espera de que se confirme a realización dos Xogos Escolares da Coruña que de ser como o ano pasado serían os venres de 18,00 a 20,00, compatibles con esta actividade.

22 de setembro: Control (ficha 6 Nivel I)

29 de setembro: Mates sinxelos, mate de Torre e mate de dama.

6 de outubro: Exercicios con mates.

13 de outubro: O inicio da partida de xadrez, O desenvolvemento das pezas.

20 de outubro: Conclusión dos principios de aperturas. As partidas curtas.

27 de outubro: Algunhas aperturas coñecidas.

3 de novembro: Control.

10 de novembro: O plan de xogo.

17 de novembro: Algunhas posicións que hai que aproveitar.

24 de novembro: Os xaques ao descuberto. A desviación.

1 de decembro: A atracción.

15 de decembro: Control.

Programación segundo trimestre:

Durante este trimestre en xaneiro empeza a liga (xógase os sábados pola tarde dende final de xaneiro a abril), en febreiro o Torneo de Entroido e en marzo hai dous domingos nos que se disputa a fase local do deporte escolar en Cambre (nestas competición o Club xoga baixo a organización do Club Xadrez das Mariñas), a proba na que realmente podemos medir como vai a actividade en canto a nivel de xogo.

12 de xaneiro: Repaso ao primeiro trimestre.

19 de xaneiro: O cadrado do peón.

26 de xaneiro: A oposición.

2 de febreiro: As casas gañadoras.

9 de febreiro: Algúns finais de peóns.

16 de febreiro: Outros finais.

23 de febreiro: Control.

2 de marzo: Resolución problemas.

9 de marzo: Resolución problemas.

16 de marzo: Combinacións.

23 de marzo: Control. (Diploma nivel I AGAX)

Programación terceiro trimestre:

Durante este trimestre desenvolvense moitos torneos e remata a Liga. Se todo foi ben se disputan as fases seguintes do deporte escolar nos que medirse co restos de clubes da comarca.

A programación estará en función do acontecido ata o momento e publicarase durante a Semana Santa.