02/06/18

Copa Galicia

O último fin de semana de maio o Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU) e o Sporting Club Casino organizaron a Copa Galicia Cadete e a Copa Galicia Absoluta, nas instalacións do Sporting Club Casino.

CATEGORIA CADETE

1 Clube Deportivo Xadrez Ourense Cadete
2 CXF Mc Donalds
3 CXF Casa da Xuventude
4 Algalia
5 Club Xadrez Rianxo
6 Sporting Club Casino

Clasificación en info64

CATEGORIA ABSOLUTA

1 Padron
2 Club Xadrez Rianxo
3 CXF Viaxes Interrias Sanxenxo
4 Dragan Paunovic
5 Xadrez Tui - Xadrez Galego
6 Club Xadrez Valdeorras
7 CLUBEXA 1
8 Universitario de Ourense
9 USC
10 Algalia
11 Recatelo Pasion
12 CLUBEXA 2
13 Recatelo Campeon
14 ETX
15 Macondo A
16 TDFC
17 CIDU
18 Artesanos - Xadrez das Marinas
19 XDM Sigras
20 Macondo B

Clasificación en info64

ALBUM DE FOTOS

10/05/18

XXVIII Torneo Universitario

Celebrado na Normal durante o mes de abril, deu como campión a Roberto Serrano, na súa primeira participación nesta proba.

1 ROBERTO SERRANO, 
2 DAVID SEIJO, 
3 JOSE MANUEL ANDION,   
4 HECTOR RODRIGUEZ,   
5 MANUEL ANDION,   
6 JAVIER SEIJO, 
7 JOSE ALBERTO ORTEGA,   

03/04/18

Torneo Universitario

Torneo Universitario a realizar os mércores do mes de abril ás 19,30 na sala 2.1 da Normal (Antiga Escola de Maxisterio, no Campus de Riazor).

Para todos os membros da Comunidade Universitaria da UDC e participantes nas actividades de xadrez de INCUDE / CIDU.

Empeza este mércores día 4.

4 roldas, 1 partida por día a ritmo de 25 minutos. En caso de ser necesario realizariase unha quinta rolda na ponte do día 1 ou o mércores día 2.

Non hai cota por participar e hai trofeos para os tres primeiros clasificados.

Inscricións en: incude@udc.es


08/01/18

Segundo trimestre

Empeza o novo trimestre. Estes son os grupos que realizaremos, coa posible incorporación do grupo de adestramento dos mércores sempre que teñamos xente interesada:

GRUPO SENIOR: Mércores de 18,30 a 19,30 na Normal.
Grupo de iniciación pensado para asistentes da Universidade Senior pero pode participar calquera.
A categoría senior no xadrez é a partir dos 55 anos.

GRUPO ADESTRAMENTO: Mércores de 20,30 a 21,30 na Normal.
Grupo especialmente indicado para os participantes na Liga federada, que se desenvolve de xaneiro a abril. No caso de que houbese xente para facer este grupo, entre 19,30 e 20,30 realizaríamos un torneo semanal de rápidas.

GRUPO INICIACION INFANTIL: Xoves de 16,00 a 17,00 na Normal
Grupo de iniciación pensado para alumnos co Colexio de Prácticas, pero pode participar calquera de categoría sub14 ou inferior.

GRUPO BENXAMIN: Venres de 16,30 a 17,30 no CUR
Grupo para alumnos de categoría benxamin con experiencia.
Este trimestre será intenso xa que haberá os Xogos Escolares (venres de 18,00 a 20,00), a Liga (sábados de 17,00 a 18,00 aproximadamente) e Torneo Escolar da Xunta (a proba importante é que normalmente é o primeiro e segundo domingo de marzo).

GRUPO REGULAMENTO: Venres de 20,30 a 21,30 no CUR
Grupo para árbitros e monitores coa inteción de prepararse para o título da Federación.

GRUPO INFANTIL: Sábados de 12,00 a 13,00 no CUR
Grupo para alumnos de categoría infantil con experiencia.
Como no caso do grupo benxamin, este trimestre será intenso xa que haberá os Xogos Escolares (venres de 18,00 a 20,00), a Liga (sábados de 17,00 a 18,00 aproximadamente) e Torneo Escolar da Xunta (a proba importante é que normalmente é o primeiro e segundo domingo de marzo).

O formulario de inscrición é so para aqueles que se apuntan novos ou queren anotarse noutra actividade.

Cota da actividade: 30 euros ao trimestre (mais 10 euros de matrícula para novos alumnos non federados)

FORMULARIO