23/08/21

Empeza a última fase do Torneo 960

Tres xogadores iniciaron a segunda fase do Torneo 960 deste curso.

En canto remate iniciaremos o Torneo Online.

Podes seguir esta proba online en:


https://www.chess.com/tournament/ii-torneo-de-xadrez-960/pairings/2

05/08/21

Daniel Codesido gaña o pequeno torneo do Pazo de Tor

Daniel Codesido, expresidente de INCUDE e actual presidente do CIDU foi o vencedor na II Tarde de Xadrez no Pazo de Tor, unha actividade que tentaremos manter no futuro acrecentando as actividades.

Tras Daniel, que só cedeu unhas táboas, houbo un triple empate resolto a favor de Juan José Diéguez.

1 DANIEL CODESIDO,   1640  4.5 12.5 8.5 14.0
2 JUAN JOSE DIEGUEZ,   1380  3.5 13.5 8.5 9.5
3 NICASIO RODRIGUEZ,   1600  3.5 11.5 6.5 11.5
4 ARTURO PEREIRA,   1600  3.5 11.5 6.5 10.0

24/07/21

II TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR

A Asociación Galega de Xadrecistas e as asociacións Savilemos e INCUDE animan a pasar o próximo sábado un rato coñecendo o Pazo de Tor, da Rede Museística da Deputación de Lugo, e particpar na  II Tarde de Xadrez no Pazo de Tor,

Nome do Torneo: II TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR

Data: 31 de xullo de 2021.

Lugar: Pazo de Tor - Monforte

Hora de inicio: 16,30. As partidas duraran unha hora aproximadamente e a continuación haberá unha visita polo interior e polos xardíns do Pazo. O horario previsto aparece no cartel.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,00.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas. 

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 5 minutos a finish.

Categorías: Única.

Premios:

Trofeo para o mellor.
Agasallo para todos os participantes. Pola situación coa COVID o límite de inscritos será de 20. 
É obrigatorio o uso de máscara. En cada posto de xogo colocaremos xel desinfectante.

Cota: De balde.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

14/07/21

XXIX Torneo Semirrápidas

O Centro Universitario de Riazor acolleu o XXIX Torneo de Semirrápidas con partidas a 15 minutos. O vencedor foi Rodrigo Pena, alumno de Socioloxía. O segundo clasificado foi Pablo Lastra.

Suso Ramos ocupou a terceira praza, seguido de David Presno e Anxo. 

13/07/21

XXIX TORNEO DE RAPIDAS

Levamos xa 29 anos de torneos de partidas lóstrego na Universidade. Neste curso foi a proba que decidiuse que fora aberta a tódolos interesados.

A proba realizouse conxuntamente ao peche con actividades de billar da Asociación Hercle, ambas na Reunión Recreativa de Artesanos.

O vencedor foi Francisco Pedreira, que neste curso leu o seu doutorado na USC, segundo clasificado Rodrigo Pena, alumno de Socioloxía.

Francisco Javier García, Daniel Codesido, Suso Ramos e Fernando Castro foron, nesta orde, os seguintes clasificados.