23/06/23

Actividades do verán

A fin de semana será tranquila. Hoxe a pouca distancia da nosa sé celebrarase a noite mais espectacular do ano así que pasádeo ben no San Xoan.

A data ten moitos ditos, pero queremos lembrar este para os nosos xogadores:

A noite de san Xoán, pasaralo ben, e o día seguinte, mal.

En calquera caso, imos con outros datos, queremos dar as grazas ao Servizo Municipal de Deportes que na lista provicional de concesións axudará ao CIDU para disputar a Liga e para organizar o Torneo de Outono. Ambas accións xa veñen sendo axudadas dende hai anos, pero este ano o Torneo de Outono forma parte do Circuito de Xadrez Promoción da FEGAXA, así que agardamos ter un gran torneo como o do pasado 1 de maio.

Por outra banda este espazo na web cumpriu hai uns meses 15 anos e hoxe publicamos con esta a entrada 1.000 e temos a día de hoxe mais de 300.000 visitantes. 

E por último AGAX ven de publicar as distintas actividades do verán, nas que aínda faltan algunhas das nosas.

Visita a ligazón, porqué xa comezan este luns!

https://www.xogandocoxadrez.eu/2023/06/rematado-o-curso-hai-varias-actividades.html