BASES TORNEO CAMPUS DE RIAZOR - XXXVI TORNEO UNIVERSITARIO
Organizan: CIDU e INCUDE.
Datas: Venres 10, 17 e 24 de outubro e 14 e 21 de novembro de 2025.
Horario de xogo: O primeiro día a presentación será ás 19,00. Horario das partidas: 19,30 horas.
Local de xogo: Centro Universitario de Riazor. Almirante Lángara s.n.
Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas
Ritmo de xogo: 30´+ 30”
Horario de clausura: O último día de xogo sobre as 21,30 horas aproximadamente.
Emparellamentos: Serán realizados polo programa VEGA.
Participación:
Haberá un máximo de 32 participantes.
Inscricións:
A cota será de balde para os estudantes da Universidade da Coruña.
Tamén será gratuíta para os socios do CIDU ou AGAX
Os interesados en participar que non figuren dentro de ningunha das categorías anteriores poderán inscribirse no CIDU (25 euros con dereito a licenza federativa para xogar noutros torneos oficiais en 2025) ou AGAX (10 euros)
A inscrición realizarase a través do seguinte formulario:
PREMEO prazo permanecerá aberto ata o 17 de outubro ou ata que se complete o aforo previsto.
DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda entre os seguintes criterios:
Bucholz total, bucholz -1, Progresivo, Número de partidas gañadas.
Premios:
1º posto: Trofeo.
2º posto: Trofeo.
3º posto: Trofeo.
1º clasificado estudante da UDC: Trofeo como vencedor do XXXV Torneo Universitario.
É obrigatoria a presenza na clausura para recoller os premios.
Director a árbitro do torneo: Daniel Codesido Sánchez.
Aspectos varios:
A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización para publicar datos persoais e/ou fotografías nos diversos medios de difusión e comunicación que a organización considere oportunos para a mellor divulgación do torneo e dos seus resultados.
Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.
A organización reservase o dereito de admisión e o dereito de modificar as bases do torneo sen outro requisito que a publicación na web da entidade.