22/09/26

Volven os venres no CUR

Co inicio do novo curso universitario volvemos ao CUR. Estaremos xogando partidas libres de xadrez e organizando torneos cando haxa xente dabondo.

Se che interesa, achégate ao CUR. Estamos os venres a partir das 20,00 no sótano, onde están os antigos locais da cafetería e reprografía.

Revisa con frecuencia os nosos anuncios pois algúns venres estamos realizando actividades noutros locais.

Vémonos!