06/11/09

Actividade no cur o venres 6 de novembro



Actividade prevista.

19,30: Inicio.
Resolución de problema.
19,30 - 20,30: Oganización de equipos para Liga. Pago de Cotas.
20,30 - 21,30: Torneo de Tódolos Santos. Rápidas a 5 roldas. Cota de 1 euro.
21,30: Peche da actividade.

Walter López premiado no I Día do Deporte Universitario



Walter López, xogador do Círculo Ferrolán e capitán dos equipos universitarios dende hai anos, recibiu o trofeo ao mellor xadrecista do curso 2008-2009 na cea que pechou o I Día do Deporte Universitario, celebrado no Campus de Elviña durante o día 5 de novembro.

Ao parecer a Universidade ten a intención de manter este día en vez da ata agora tradicional entrega de premios que se celebraba no Rectorado.

Á cea asistiron o coordinador da sección Ernesto Pérez e o profesor da Escola Antonio Pazos, ademais do galardoado.

Luis Carlos Martínez gaña o Torneo de Rápidas

Este venres foi Luis Carlos Martínez quen gañou o Torneo de Rápidas.
A clasificación foi a seguinte:

1º.- Luis Carlos Martínez
2º.- Alfonso Iglesias
3º.- Diego García-Muñoz
4º.- Héctor López
5º.- Ernesto Pérez
6º.- Manuel Andión

31/10/09

Empeza a Escola Universitaria de Xadrez



Coa chegada do mes de novembro empezan as Escolas Deportivas da Universidade da Coruña.

Isto supón que a partires deste mes e ata maio temos actividade no Pabillón de Deportes no Campus de Elviña os mércores de 19,30 a 20,30 e os venres no Centro Universitario de Riazor (antiga empresariais) tamén de 19,30 a 20,30.

Agardamos ver as caras de sempre por ali e alguns novos xogadores que se vaian achegando, grazas ao impulso de Quique Villodas colocando carteis polas facultades.

02/10/09

Torneo 25 setembro


Luis Carlos Martínez gañou o Torneo de partidas rápidas deste venres 25 de setembro.
A clasificación da proba foi como segue:

1.- Luis Carlos Martínez
2.- Héctor López
3.- José Manuel Andión
4.- Manuel Andión
5.- Ernesto Pérez
6.- Diego Medín