Actividades para hoxe venres:
19,00: Apertura da Sala de Xadrez no CUR
19,30: Xuntanza do CIDU para organizar aos equipos de cara a Liga que empeza mañán sábado.
20,30: Torneo de masacre de peóns (ver o blog de xadrecista.eu na columna da esquerda)
21,30: Torneo de Tute Cabrón (ver blog de xogos de Palaestra na columna da esquerda)
MAÑAN ESCOMEZA A LIGA GALEGA
11/01/13
10/01/13
Retomáronse as actividades da Escola Universitaria
Rematadas as vacacións de Nadal, o mércores volve a ser día de actividade da Escola Universitaria de Xadrez no Pabillón de Elviña.
A protagonista da clase foi unha partida entre Dani Mayo e Santi Domínguez, no Torneo Universitario de Semirrápidas celebrado en decembro.
(Asistentes: Isidro A., Manuel F., Dani M., Carlos C. e Manuel A.)
A protagonista da clase foi unha partida entre Dani Mayo e Santi Domínguez, no Torneo Universitario de Semirrápidas celebrado en decembro.
(Asistentes: Isidro A., Manuel F., Dani M., Carlos C. e Manuel A.)
06/01/13
Walter Lopez gaña o Torneo Aninovo
Emocionante o Torneo de Aninovo. Foi o cuarto sistema de desempate o que deu o título a Walter López fronte a José Ramón Gómez, cos mesmos puntos. Na terceira posición quedou José A. González Coto, sendo o primeiro dun grupo de xogadores con catro puntos.
1 Walter López, 5 14.0 5 22.0 19.0
2 José Ramón Gómez Torre, 5 14.0 5 22.0 16.0
3 José Antonio González Cot, 4 15.0 4 22.5 16.0
4 José Sande, 4 14.0 4 21.5 16.0
5 Pablo Sanchez, 4 11.5 4 18.5 14.0
6 Alvaro Santiso, 3 14.0 3 21.0 12.0
7 Santi Dominguez, 3 14.0 3 20.5 13.0
8 Paco Leal, 3 12.0 3 17.5 11.0
9 Adolfo de la Peña, 3 11.0 2 17.5 8.5
10 José Manuel Andión, 3 9.5 2 15.0 7.5
11 José María Dorado, 2.5 9.5 2 14.0 7.0
12 Luis Carlos Martínez, 2 11.5 2 17.5 6.0
13 Florencio González, 2 11.0 2 16.5 8.0
14 Manuel Andión, 2 10.5 1 14.0 5.0
15 David Varela, 1.5 7.0 1 11.5 4.0
16 Manuel García, 1 11.0 0 15.5 2.0
05/01/13
Adolfo de la Peña gaña o Torneo de Damas
O Torneo Coruñés de Damas en modalidade de partidas rápidas foi gañado ontes polo ferrolano Adolfo de la Peña que totalizou catro puntos dos cinco posibles. Os mesmos que obtivo Santiago Dominguez que quedou na segunda praza. A terceira posición foi para Manuel Andión. que lograra o triunfo neste torneo hai dous anos.
Clasificación:
1. Adolfo de la peña
2. Santiago Domínguez
3. Manuel Andión
4. Walter López
5. José Manuel Andión
6. José María Dorado
Clasificación:
1. Adolfo de la peña
2. Santiago Domínguez
3. Manuel Andión
4. Walter López
5. José Manuel Andión
6. José María Dorado
04/01/13
TORNEO CORUÑÉS DE DAMAS. PARTIDAS RAPIDAS.
O Torneo terá lugar o venres 4 de xaneiro no Centro Universitario de Riazor.
Ás 19,20 empezarán as inscripcións, cunha cota de 2 euros.
Ás 19,30 se iniciará o Torneo, a 5 Roldas por Sistema Suízo.
Premios:
1º clasificado: 20 euros,
2º clasificado: 10 euros.
ALGUNHAS NORMAS APLICABLES
O Torneo disputarase, como é habitual nas Damas Españolas, nun taboleiro clásico de xadrez e non nun damero (que é o taboleiro de 10x10). O taboleiro de xogo colocarase cun cadrado branco á dereita.
Os movementos dos peóns (damas simples) son en diagonal, unha soa casa e sempre cara adiante. E se colocan nos escaques brancos (asi que non como se ve na foto, realizada nun torneo anterior).
Aplícase a norma de "Peza tocada, peza xogada".
Se un peón chega a unha casa de coroación convértese en dama e auméntase o tamaño para indicalo
A dama move tamén en diagonal, pero xa pode facelo cara a atras, podendo percorrer calquera número de casas se están libres. Non pode saltar dous peóns xuntos ou un peón da súa cor.
Os peóns capturan saltando sobre outros do rival, quedando na casa seguinte ao mesmo, que debe estar baleira. Se desde esa casa pode seguir comendo, debe facelo e continuar saltando, todas as veces que sexa posible.
Nas normas españolas a Dama ao capturar unha peza pode saltar a calquera das casas vacias detrás desta. Pero se realizado o salto pode ir a unha diagonal onde poida seguir capturando debe facelo, e proseguir asi mentres sexa posible.
Non existe "soprada por non comer", pero o capturar é obrigatorio. Se un xogador non se deu conta dunha captura, debe advertirsele.
Lei da Cantidade: É obrigatorio capturar o maior número posible de pezas.
Lei da Calidade: A igual número de pezas a capturar, é obrigatorio capturar ás de maior calidade, dama antes que peón.
Un xogo considérase perdido cando un xogador :
a) Perde todas as súas pezas.
b) Ten pezas, pero na súa quenda non ten movemento posible (o afogado perde).
c) Abandone a partida.
d) En competición, exceda o tempo previsto sen realizar o número de xogadas acordadas.
Un xogo considérase empatado cando :
a) Os xogadores acórdeno.
b) Cando se exceda do número de xogadas previstas para finais que se deben gañar nun máximo de movementos.
c) Cando una mesma posición déase tres veces, sendo o mesmo xogador o que estea en quenda de xogo e asi reclámese.
Limite de movementos :
a) Forzosa (3 damas con diagonal principal contra unha dama) : Máximo de 12 xogadas incluíndo o movemento de captura final.
b) Cando transcorran 20 xogadas sen que ningún dos bandos efectuase un movemento de peón, captura ou entrega de peza.
En calquera caso como é un Torneo de Rápidas a caida de bandeiras poderá supoñer tamén o remate da partida.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




