18/07/15

Ernesto Pérez gaña torneo semanal

Ernesto Pérez gañou o torneo semanal.

A clasificación foi a seguinte:

1. Ernesto Pérez
2. Santiago Domínguez
3. Luis Carlos Martínez
4. Daniel Mayo
5. Luis Rodríguez
6. Manuel Andión
7. Pablo Pensado

Podes ver o elo AGAX aquí.

15/07/15

Los niños que juegan al ajedrez destacan por su grado de madurez y capacidad de reflexión, según Eugenio Fedriani | DUPO – Diario de la Universidad Pablo de Olavide de Sevilla

Los niños que juegan al ajedrez destacan por su grado de madurez y capacidad de reflexión, según Eugenio Fedriani | DUPO – Diario de la Universidad Pablo de Olavide de Sevilla

Recoñecemento á Tabla de Flandes

CIDU e INCUDE agradecen o traballo de Antón Busto á fronte de Tábla de Flandes
 
O pasado sábado o presidente da Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias, José Manuel Andión, fixo entrega dun pequeno detalle a Antón Busto, responsable da web Tábla de Flandes, un espazo que serve de referencia para todos os interesados no xadrez, especialmente no galego.
 
O CIDU, cuxa sede se atopa no Centro Universitario de Riazor, o club que máis torneos organiza na Coruña e a súa asociación matriz quixeron desta forma resaltar o traballo que este espazo web realiza en prol do xogo-ciencia.
 
A entrega realizouse en Lugo onde foi o responsable da asociación universitaria coruñesa e tivo oportunidade de facer a entrega a Antón Busto e comentarlle os proxectos que a entidade prepara para o curso 2015-2016.
 

O responsable de Tábla de Flandes trasladou o seu agradecemento a CIDU e INCUDE polo recoñecemento outorgado ao traballo na web.

04/07/15

Campionato Universitario da UDC 2015

Rematou o Campionato de xadrez Universitario da UDC 2015. Este ano o torneo estaba aberto tamén a outros xogadores, e era parte da II Olimpiada de Xogos Mentais organizada por INCUDE. O torneo foi gañado por Ernesto Pérez.

A clasificación foi a seguinte:

1. Ernesto Pérez
2. Daniel Mayo
3. Santiago Domínguez
4. Luis Rodríguez
5. Adrian Martínez
6. Luis Carlos Martínez
7. Pablo Pensado
8. Florencio González
9. Manuel Andión

Podes ver o elo AGAX actualizado aquí.

Santiago Domínguez gaña o torneo semanal

Un venres máis, Santiago Domínguez volve gañar o torneo semanal.

 Esta foi a clasificación:

1. Santiago Domínguez
2. Ernesto Pérez
3. Daniel Mayo
4. Luis Patiño
5. Luis Carlos Martínez
6. Adrián Martínez
7. Luis Rodríguez
8. Manuel Andión

Aquí podes ver o elo AGAX actualizado.