CIDU e INCUDE agradecen o traballo de Antón Busto á fronte de Tábla de
Flandes
O pasado sábado o presidente da Asociación de Iniciativas Culturais e Deportivas Universitarias, José Manuel Andión, fixo entrega dun pequeno detalle a Antón
Busto, responsable da web Tábla de Flandes, un espazo que serve de referencia
para todos os interesados no xadrez, especialmente no galego.
O CIDU, cuxa sede se atopa no Centro Universitario de Riazor, o club que
máis torneos organiza na Coruña e a súa asociación matriz quixeron desta forma
resaltar o traballo que este espazo web realiza en prol do xogo-ciencia.
A entrega realizouse en Lugo onde foi o responsable da asociación
universitaria coruñesa e tivo oportunidade de facer a entrega a Antón Busto e
comentarlle os proxectos que a entidade prepara para o curso 2015-2016.
O responsable de Tábla de Flandes trasladou o seu agradecemento a CIDU e
INCUDE polo recoñecemento outorgado ao traballo na web.