15/08/22

Mércores: Aproximación ao xadrez terapeutico.

Este mércores en Vila Concepción (Cambre) teremos a ocasión de mostrar aos interesados as nosas accións no xadrez terapéutico e os estudos que andamos a promover, moi especialmente o de xadrez e deterioro cognitivo co departamento de xerontoloxía da UDC.

Unha pequena presentación, comentarios e explicacións de xadrez e de "minixogos" baseados no mesmo.

De 19,00 a 21,00.

Anímate. 

10/08/22

O xadrez: ximnasio da mente.

INCUDE realizará a vindeira semana tres sesións para promocionar o xadrez na súa faceta de actividade saudable para o noso cerebro.

Como sabedes a entidade animou o proxecto do Departamento de Xerontoloxía sobre o beneficio do xadrez nas demencias (VER ESTUDO INICIAL). Na actualidade ademais de seguir con este estudo para o que se están a buscar fondos, a idea é iniciar outros no campo do xadrez e a saúde.

Pero centrándonos no positivo para o cerebro, as actividades, que se desenvolverán en Vila Concepción, grazas á colaboración do Concello de Cambre, son as seguintes:

Mércores 17. 19,00 — 21,00 


Presentación do programa xadrez e alzheimer desenvolto nos últimos anos pola nosa entidade e o 
Departamento de Xerontoloxía da Universidade da Coruña e dos resultados publicados na revista 
científica Geriatric Nursing. 
A actividade deste día estará dirixida especialmente a maiores , pero non exclusivamente xa que diferentes estudos iniciais desenvoltos noutros lugares amosan a importancia de xogar durante anos.
Normas básicas de xadrez e partidas.

Xoves 18. 19,00 — 21,00

 
Xogos diversos que axudan a ter o cerebro adestrado. A asociación internacional dos deportes de mente. Xogos clásicos que se poden desenvolver en taboleiros de xadrez: damas e Go/Reversi. Explicación dos mesmos. Torneos amigables de dous dos xogos.

Venres 19. 19,00 — 21,00 


Volta ao xadrez. Explicación básica das normas dos torneos de xadrez animando á participación no 
Torneo a celebrar o día seguinte. Realizaríase un torneo amigable para a aplicación práctica do 
explicado (20,00-21,00).

Anímate a asistir a todas ou algunhas das sesións e a disputar os torneos oficiais do sábado (hai que estar federado).

26/07/22

III TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR

A Asociación Galega de Xadrecistas e as entidades Savilemos e INCUDE animan a pasar o próximo sábado un rato coñecendo o Pazo de Tor, da Rede Museística da Deputación de Lugo, e particpar na  III Tarde de Xadrez no Pazo de Tor,

Nome actividade: III TARDE DE XADREZ NO PAZO DE TOR

Data: 30 de xullo de 2022.

Lugar: Pazo de Tor - Monforte

Hora de inicio: 16,30. As partidas duraran unha hora aproximadamente e a continuación haberá unha visita polo interior e polos xardíns do Pazo. O horario previsto aparece no cartel.

Hora de entrega de premios aproximada: 18,00. Visita posterior.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas. 

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 5 minutos a finish.

Categorías: Única.

Premios:

Trofeo para o mellor.
Agasallo para todos os participantes. 

Cota: De balde.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

Imaxes da primeira edición en 2019:


O Pazo:



15/06/22

Resultado Torneo Aniversario - Escolar

O pasado venres 10 finalizou o Torneo Aniversario, na súa categoría escolar. O torneo tras cinco roldas por sistema suizo tivo os seguintes resultados:

1 ANGEL, 4.5 8.0 13.0 13.5
2 NUNO, 4 9.5 16.0 12.5
3 OSCAR, 4 9.0 13.5 10.0
4 ALEX, 3.5 8.0 14.0 11.0
5 ZION, 3.5 7.5 13.5 12.0
6 MATEO, 3 9.0 13.5 11.0
7 SOFIA, 3 8.0 12.5 12.0
8 NARA, 2.5 9.0 14.5 8.5
9 SAMNTHA, 2.5 8.0 13.0 8.5
10 PABLO MARIÑO, 2.5 7.5 12.5 6.0
11 ARIADNA, 2.5 6.0 10.0 4.5
12 VALENTINA, 2 9.0 14.5 5.0
13 RODRIGO, 2 7.5 10.5 3.0
14 DIEGO, 2 7.0 11.5 7.0
15 TABATHA, 1.5 7.0 11.5 5.5
16 JOSE LUIS, 1 7.5 11.5 1.0
17 GERMANA, 1 6.5 9.5 4.0
18 ALFONSO, 0 6.0 10.0 0.0





06/05/22

Circuito Primavera

Hoxe retomamos no noso local no Centro Universitario de Riazor o Circuito de Primavera. 

Será ás 20,15.

E ademais entregaremos a socios do CIDU un pequeno agasallo para celebrar o noso 28 aniversario. O 1 de maio de 1994 naceu este club deportivo.