13/11/22

Liga Galega - Primeiro borrador

BORRADOR TEMPORADA 2023.

Cota anual: 25 euros (sería a mesma de anos anteriores, pero está pendente das cotas que indique a Federación Galega de Xadrez). Inclúe a cota anual de INCUDE.

Equipos previstos: 1 en Segunda División e dous ou tres en terceira. 

Novidade 2023: Coa intención de fomentar a práctica do xadrez competitivo entre o estudantado da UDC estableceríase un sistema de premios para aqueles que participen no primeiro equipo. A estes premios poderían acceder os xogadores da comunidade universitaria (alumnado, PDI e PAS). Os premios estarían supeditados ao ascenso de categoría de segunda a primeira.
Se a liga volve a ser como anos anteriores á COVID serám once roldas e catro taboleiros sería un total de 44 partidas durante a mesma.

Posibles premios por punto: 1º taboleiro: 35, 2º taboleiro: 30, 3º taboleiro: 25 e 4º taboleiro: 20. 
Dependería do que se determine co equipo a posibilidade de pagar aos integrantes do equipo o mesmo en función dos puntos realizados. As diferentes opcións valoraríanse cos integrantes do equipo do xeito que mellor conveña aos mesmos. O total máximo sería pois de 1.210 euros na Liga. Entendendo que será imposible obter o 100% dos puntos o remanente serviría para facer algo similar con menor importe na Copa Galicia.

Traslados: No caso de traslados realízariase o pago para o coche de transporte dacordo á cantidade de 0,19 € por quilómetro.

Uniformidade: Como en anos anteriores será obrigatorio en tódolos equipos do CIDU xogar as competicións por equipos uniformados. Ao entrar no Club os xogadores reciben a camiseta / polo do seu equipo que deben manter para anos sucesivos.

Accións a maiores: 
1. Hai que comentar coa vicerreitoría os posibles créditos por participación en Liga, Campionatos internos ou campionatos de España Universitarios.
2. Posible participación no Campionato de España Universitario se hai un equipo con garantías.
3. Posibilidade de realizar actividades pagadas de clases e / ou difusión do xadrez para os membros dos equipos
.

04/11/22

Circuito de Outono

Hoxe venres temos de novo Circuito de Outono.

Iago gañou tamén na segunda das roldas polo que lidera a proba solidamente.

Centro Comercial Los Rosales

20,00

26/10/22

Iago gaña o primeiro dos torneos do Circuito

O estudante de master e xogador do CIDU Iago Soto gañou na primeira xornada do Circuito de Outono que neste curso iniciou no Centro Comercial Los Rosales.

Para o circuito contan estes xogadores.
1. Iago Soto
2. Dani Codesido
3. Carlos Castedo
4. Alvaro Roget
5. Sergio 

Lembra que o próximo venres volvemos ter rolda do circuito e a serie de actividades que teremos estes días da ponte.

23/10/22

INCUDE XERAL: SAMAIN 2022

INCUDE XERAL: SAMAIN 2022: Como ven sendo habitual na nosa entidade coas datas de Samain / Halloween facemos unha serie de actividades que conforman a Xornada Lúdica d...

19/10/22

Circuito de Outono

Empezamos o próximo venres os torneos do Circuito de Outono.

Como noutros cursos será unha serie de torneos de partidas rápidas a disputar os venres. Neste caso maioritariamente no Centro Comercial Los Rosales ás 20,00.

Días de xogo: 21 e 28 de outubro e 4, 11, 18 e 25 de novembro.

A cota de participación é de 1 euro. O campión do circuito levará un trofeo. 

Para participar achégate ao Centro Comercial Los Rosales (1ª Planta).

Durante este trimestre de inicio de curso iremos publicando mais novidades semanalmente.