20/10/23

Actividades

Hoxe venres estaremos no CUR de 19,30 a 21,30 aproximadamente por se queredes pasar a botra unhas partidas.

Lembra que na próxima semana temos a intención de iniciar as actividades de clases en Riazor e tamén as xuntanzas para xogar no Campus de Ferrol.

E este domingo temos un torneíño neste último Campus, en Mugardos, aproveitando á visita a zona de INCUDE (www.asombrate.es). Se non coñces a zona, pensamos que é un bó plan.

Por outra banda a imaxe corresponde a unha acción de fomento do xadrez na OMIX do Temple, do Concello de Cambre onde fixemos un torneo cos seguintes resultados:

1 PABLO,     4 13.5 8.5 14.0 4
2 SERGIO,     4 13.5 8.5 11.0 4
3 ROBERTO,     3.5 12.5 7.5 11.0 3
4 MIKEL,     3.5 11.0 7.0 10.0 2
5 NICOLAS,     3 16.0 10.0 11.0 3
6 ANTONIO,     3 13.5 8.5 8.0 3
7 IRENE,     2.5 11.0 6.5 5.0 2
8 IZAN,     2.5 9.5 5.5 6.0 2
9 SOFIEN,     2 14.0 9.0 8.0 2
10 ALEX,     1 13.5 9.0 2.0 1
11 DANIELA,     1 12.0 8.0 4.0 1
12 YUNIOR,     0 10.0 6.0 0.0 0

28/09/23

Resultados do Torneo en Ferrol

Hai unha semana aproveitando a actividade da Xornada de Benvida realizamos un torneo no Campus de Ferrol. Para ser unha actividade convocada con poucas horas estamos moi contentos da participación e das ganas da xente de facer cousas.

A nosa idea é que algún dos torneos universitarios desenvólvase en Ferrol, sexa o de rápidas ou o lóstrego.

Nos próximos días agardamos ter algunha proposta en firme para o Campus (e non só de xadrez).

Resultado do torneo:

1 Andrés Vázquez  5 puntos 
2 Alvaro de la Puente 4 puntos
3 Erick Estrada 3 puntos
4 José Andrés Pardo 3 puntos  
5 José Baamonde González 3 puntos 
6 Celestino Gutiérrez 2 puntos
7 Daniel Mariño 2 puntos
8 Alfonso Alba Maestre 1,5 puntos
9 Alvaro Ordiales 1 punto
10 Bruno Somoza 0,5 puntos

Fixo de árbitro o presidente do CIDU, Daniel Codesido.

21/09/23

Xornada de Benvida

Hoxe celebamos a Xornada de Benvida do Curso 2023-2024.

O noso obxectivo principal vai ser dar a coñecer a nosa entidade e como obxectivos secundarios promocionar as actividades inmediatas de Iniciativa Xove e buscar novos xogadores de xadrez especialmente no Campus de Ferrol, xa que agora tem
os xente por ali estudando.

Campus da Coruña 
Horario: De 12:00h - 14:30h e de 15:30h a 18:00h. 
Lugar: Estadio Universitario – Campus de Elviña. 

Campus de Ferrol.
Horario: 11:00h a 14:00h.
Lugar: Polideportivo de Esteiro.
Imos facer un amigable de xadrez ás 19,30 en Traballo – Aula 4.2

16/09/23

Terceiros!

A fin de semana estivo protagonizada pola vizaxe dos nosos rapaces do Calasanz a Alcalá de Henares, para participar na fase final do MasterChess.

O euipo formado por Rubén Troiteiro, Pablo Iglesias, Carlos Pardo e Nico Vigo lograron o terceiro posto, por detrás do Gredos de Alcalá que xogaba na casa e do La Salle de Alfaro.

Unha primeira participación nesta proba por colexios que reforzaremos nos próximos cursos.

08/09/23

Hoxe remata o XXXIII Universitario

Hoxe temos a derradeira rolda do Torneo Universitario que se disputa conxuntamente coa Copa González March no Sporting Club Casino.

Tras a victoria de onte de Anxo Carreira sobre Roque Bouza a clasificación dos membros da UDC é a seguinte:

1. Anxo Carreira
2. Roque Bouza
3. Hugo Herrador
4. Jaime Arangüena
5. Erick Estrada
6. Luis Medina

Hoxe temos un torneo lóstrego na mesma sala de xogo ás 17,30 previo á rolda das 19,00.