21/10/23

TORNEO DE OUTONO ABSOLUTO

O Torneo de Outono na súa categoría absoluta coincidirá co torneo promoción.

BASES DO TORNEO DE OUTONO
XXVII ANIVERSARIO CENTRO COMERCIAL LOS ROSALES.

DATA: 
Sábado 4 de novembro de 2023.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - 1ª Planta.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
Presentación: 12,00 - 12,20
1ª Rolda: 12,30
2ª Rolda: 13,30
3ª Rolda: 17,00
4ª Rolda: 18,00
5ª Rolda: 19,00
Entrega de trofeos estimada: 20,00 a 20,30.

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 15' + 3''
Os xogadores poden solicitar non ser emparellados sempre que o fagan ao inicio da rolda anterior.

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido.
O árbitro principal será Ernesto Pérez.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitadas. 
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais. Dúas xogadas ilegais suporán a perda da partida.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES:
Poderá participar calquera persoa que o desexe. 

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros. Trofeo para o mellor da UDC.
Haberá un pequeno libro de agasallo para todos os participantes que finalicen o torneo. 
Para a recepción dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A cota participación no torneo será de 2 euros. 
O máximo de participantes será de 32.
A data tope para anotarse será o xoves 2 de novembro.
Terán preferencia na inscrición os xogadores do CIDU.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos, baixo a denominación de "Torneos de Outono".

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

TORNEOS DE OUTONO - LOSTREGO

A modalidade dos torneos lóstrego dos Torneos de Outono terá lugar o sábado 4. É compatible cos outros torneos xa que se disputa de 16,00 a 17,00, previo ás roldas da tarde.

BASES DO TORNEO DE OUTONO - MODALIDADE LOSTREGO.

DATA: 
Sábado 4 de novembro de 2023.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - 1ª Planta.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
Presentación: 11,00 - 11,20
1ª Rolda: 16,00
2ª Rolda: 16,10
3ª Rolda: 16,20
4ª Rolda: 16,30
5ª Rolda: 16,40

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogarase por sistema suizo a cinco roldas.
O ritmo será de 3' + 2''

ARBITRAXE E DIRECCION DO TORNEO:
O director do torneo será o presidente do CIDU, Daniel Codesido.
O árbitro será Ernesto Pérez.
Aplicarase o regulamento de partidas disputadas sen a supervisión axeitada. 
Serán necesarias dúas xogadas ilegais para a perda da partida. 
Non se dará tempo extra polas xogadas ilegais.

DESEMPATES:
Os sistemas de desempate serán sorteados tras a derradeira rolda.

XOGADORES:
Poderán participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor. 

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros.
Agasallo para todos os participantes.
Para a recepción dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.

COTAS E INSCRICIONS
A participación no torneo será de 2 euros. 
Só poderán particpar 32 xogadores. Terán preferencia na inscrición os xogadores do CIDU.
A data tope para anotarse será o xoves 2 de novembro.
A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:


CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos nestas datas con distintas modalidades.

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

20/10/23

Actividades

Hoxe venres estaremos no CUR de 19,30 a 21,30 aproximadamente por se queredes pasar a botra unhas partidas.

Lembra que na próxima semana temos a intención de iniciar as actividades de clases en Riazor e tamén as xuntanzas para xogar no Campus de Ferrol.

E este domingo temos un torneíño neste último Campus, en Mugardos, aproveitando á visita a zona de INCUDE (www.asombrate.es). Se non coñces a zona, pensamos que é un bó plan.

Por outra banda a imaxe corresponde a unha acción de fomento do xadrez na OMIX do Temple, do Concello de Cambre onde fixemos un torneo cos seguintes resultados:

1 PABLO,     4 13.5 8.5 14.0 4
2 SERGIO,     4 13.5 8.5 11.0 4
3 ROBERTO,     3.5 12.5 7.5 11.0 3
4 MIKEL,     3.5 11.0 7.0 10.0 2
5 NICOLAS,     3 16.0 10.0 11.0 3
6 ANTONIO,     3 13.5 8.5 8.0 3
7 IRENE,     2.5 11.0 6.5 5.0 2
8 IZAN,     2.5 9.5 5.5 6.0 2
9 SOFIEN,     2 14.0 9.0 8.0 2
10 ALEX,     1 13.5 9.0 2.0 1
11 DANIELA,     1 12.0 8.0 4.0 1
12 YUNIOR,     0 10.0 6.0 0.0 0

28/09/23

Resultados do Torneo en Ferrol

Hai unha semana aproveitando a actividade da Xornada de Benvida realizamos un torneo no Campus de Ferrol. Para ser unha actividade convocada con poucas horas estamos moi contentos da participación e das ganas da xente de facer cousas.

A nosa idea é que algún dos torneos universitarios desenvólvase en Ferrol, sexa o de rápidas ou o lóstrego.

Nos próximos días agardamos ter algunha proposta en firme para o Campus (e non só de xadrez).

Resultado do torneo:

1 Andrés Vázquez  5 puntos 
2 Alvaro de la Puente 4 puntos
3 Erick Estrada 3 puntos
4 José Andrés Pardo 3 puntos  
5 José Baamonde González 3 puntos 
6 Celestino Gutiérrez 2 puntos
7 Daniel Mariño 2 puntos
8 Alfonso Alba Maestre 1,5 puntos
9 Alvaro Ordiales 1 punto
10 Bruno Somoza 0,5 puntos

Fixo de árbitro o presidente do CIDU, Daniel Codesido.

21/09/23

Xornada de Benvida

Hoxe celebamos a Xornada de Benvida do Curso 2023-2024.

O noso obxectivo principal vai ser dar a coñecer a nosa entidade e como obxectivos secundarios promocionar as actividades inmediatas de Iniciativa Xove e buscar novos xogadores de xadrez especialmente no Campus de Ferrol, xa que agora tem
os xente por ali estudando.

Campus da Coruña 
Horario: De 12:00h - 14:30h e de 15:30h a 18:00h. 
Lugar: Estadio Universitario – Campus de Elviña. 

Campus de Ferrol.
Horario: 11:00h a 14:00h.
Lugar: Polideportivo de Esteiro.
Imos facer un amigable de xadrez ás 19,30 en Traballo – Aula 4.2