29/06/10

Paliza no Match contra Sigrás

O match denominado "Dominicos-Sigrás", que con diferentes modificacións vimos disputando dende hai aproximadamente vinte anos, viviu o sábado 26 de xuño a súa edición anual, que celebramos no local social de Sigrás.

Ainda que o CIDU apostou por un equipo novo (o 50% era sub14) o resultado foi peor do agardado, xa que dos oito taboleiros en xogo, so se lograron dous puntos.

Por aquelo do nome de Dominicos, tres dos xogadores eran alumnos do colexio e dous mais ex-alumnos.

Diego Cantorna - Alberto Lopez 1-0
Fran Pedreira (sub-18)- Ernesto Perez 0-1
Javier Campelo - Enrique Villodas 1-0
Francisco Garcia - Francisco Conde 0,5-0,5
Marcos Laiño - Ayrton Sardina (sub-14) 0,5-0,5
Diego Martinez - Alejandro Astorga (sub-14) 1-0
Sergio Vilaboa (sub-16)- Pedro Siaba (sub-14) 1-0
Diego Bugliot(sub-12) - Angel Roade (sub-14) 1-0

Total: 6-2

27/06/10

O derradeiro torneo do curso tamén para Ernesto Pérez


Ernesto Pérez gañou o último torneo do curso, no que se notou a ausencia de diferentes xogadores, entre eles Luis Carlos Martínez, ingresado no Modelo cunha neumonía. Agardamos que se recupere axiña.

Evidentemente tamén se notou que á mesma hora no Mundial de Futbol estaban a xogar España e Chile, polo que houbo un ordenador retransmitindo o partido

A clasificación final foi a seguinte:

1. Ernesto Pérez
2. Ayrton Sardina
3. Florencio Gonzalez
4. José Manuel Andión
5. Manuel García
6. Pedro Siaba
7. Manuel Andión

25/06/10

Derradeiro fin de semana do Curso


Hoxe venres e máñán sábado teremos as últimas actividades do curso 2009-2010.

Venres 25
19,30: Apertura da sala de xadrez no CUR
20,30: Torneo (se hai xente, xa que temos un pequeno problema chamado España-Chile)

Sábado 26
17,00: Match Dominicos-Sigrás
No local de Sigrás.
(Aproveitarase para falar dalgunha actividade no verán)

23/06/10

Ernesto Pérez gaña o Torneo Semanal

Tras unha semana sen vencer de novo Ernesto Pérez logrou o torneo semanal. As probas dos venres parecen un man a man entre Ernesto e Diego GM.

A clasificación foi a seguinte:

1.Ernesto Pérez,
2.Diego García-Muñoz,
3.Héctor López,
4.Ayrton Sardina,
5.Diego Medín,
6.Luis Patiño,
7.Manuel García,
8.José Manuel Andión,
9.Florencio González,
10.Manuel Andión,

16/06/10

Proxecto de actividades entre cursos

Xuño
Manteremos a actividade dos venres os días 18 e 25.
Ás 19,30 abrimos o local e ás 20,30 realizamos o torneo suizo a 5 roldas.
O 26 de xuño celebraríamos o Match Dominicos - Sigrás.

Xullo a Setembro.
En principio o local permanecerá pechado.
Posiblemente teñamos actividades puntuais. Hai que estar atentos á web ou á lista de correo.
En calquera caso agardamos que AGAX faga un calendario para estes meses.

Outubro.
Aínda que a actividade da Universidade non empeza ata novembro, posiblemente o mesmo día 1 de outubro volvamos a abrir, dependendo de cando se dispute o Virxe do Rosario de Xadrez e de como se organicen os clubes. En calquera caso será necesario empezar a actividade da temporada para ir facendo as fichas federativas.