28/02/14

A Copa Galicia de novo na Coruña

Acabamos de recibir a comunicación por parte da Federación Galega de Xadrez de que o noso Club será de novo (por terceira vez consecutiva) o organizador da Copa Galicia. O éxito das edicións anteriores permiten manter esta actividade no noso calendario.

O pasado ano a asemblea da Fegaxa acordou cambiar as datas de celebración da Copa que pasa a realizarse a partir de agora no mes de abril, pouco despois do remate da Liga.

Deste xeito a celebración a finais de abril desta competición vai coincidir practicamente co XX Aniversario do CIDU que se celebra o día 1 de maio.

24/02/14

Resultados da 7ª xornada da Liga

Antes do descanso de entroido os dous equipos tiveron unha xornada non moi exitosa.

O primeiro equipo perdía o seu primeiro encontro e baixaba da segunda á terceira praza, alonxándose xa en dous puntos e medio co Gillan.

O outro equipo gañaba pola mínima na súa saída a Betanzos, menos do agardado pero conserva a segunda praza na clasificación

CIDU - ARTESANOS 
SANTIAGO DOMINGUEZ FERNANDEZ  0 - ALFONSO CASTRO PEDREIRA  1
DIEGO GARCIA-MUÑOZ VAQUERO  0 - JOSE CARLOS EIRIZ CAAMAÑO  1
ALBERTO MIGUEL LOPEZ LOUREIRO  1 - CELESTINO REDONDO VARELA  0
LUIS EDISON PATIÑO LOPEZ  0 - ROBERTO JUAN JOSE GARCIA MARTINEZ  1
TOTAL 1 - 3  


XADREZ BETANZOS "B" - CIDU - UNIVERSIDADE 
JUAN MANUEL MONTERO IBAÑEZ  1/2 - DANIEL CODESIDO SANCHEZ  1/2
LUCAS FEIJOO BENASACH  1 - DANIEL MAYO QUINTELA  0
ROQUE BOUZA SANTISO  0 - MANUEL ANTONIO GARCIA FERNANDEZ  1
MARIA DANS CASTRO  0 - FERNANDO RECAMÁN SOLLA  1
TOTAL 1,5 - 2,5 

23/02/14

Santiago Domínguez gañou o Torneo do Venres

Clasificación do Torneo:

1. Santiago Domínguez
2. Daniel Codesido
3. Ernesto Pérez
4. Daniel Mayo
5. Luis Carlos Martínez
6. Manuel Andión

20/02/14

Resultados da sexta xornada da Liga Galega

A victoria dos dous equipos mantén aos mesmos nos postos altos da táboa. O primeiro equipo a so medio punto da cabeza (o encontro do vindeiro sábado semella ser decisivo para as aspiracións de quedar primeiros) e o segundo equipo está tamén no segundo posto á espera de que se aclare unha aliñación indebida do SAFA B, primeiro clasificado.

Parece que un dos equipos rivais do SAFA B apareceu con so tres xogadores, tal como pasoulle ao noso equipo esta xornada, e en vez de poñer a incomparecencia no último taboleiro a puxeron polo medio cambiando a orde de forza ambos equipos. Non parece claro se foi un erro ao cubrir a acta ou ben descoñecemento do regulamento da Liga.

CÍRCULO FERROLANO "E" - CIDU 
ADOLFO DE LA PEÑA LLEDANRI  0 - SANTIAGO DOMINGUEZ FERNANDEZ  1
QUIRINO BORES BERMEJO  1/2 - DIEGO GARCIA-MUÑOZ VAQUERO  1/2
JOSE MILLAN SOTO  1/2 - ALBERTO MIGUEL LOPEZ LOUREIRO  1/2
ALEJANDRO SEGURA RIO  0 - JESUS RODRIGUEZ CASTIÑEIRAS  1
TOTAL 1 - 3  

CIDU - UNIVERSIDADE - O GAITEIRO - SIGRÁS 
LUIS CARLOS MARTINEZ RAMOS  1 - ROBERTO BLANDON PAO  0
DANIEL MAYO QUINTELA  1 - DONATO LUIS MOSCOSO MELLA  0
MANUEL ANTONIO GARCIA FERNANDEZ  1 - ISRAEL DANIEL CESPEDES TOHOLA  0
FERNANDO RECAMÁN SOLLA  1 - SIN RIVAL  0i
TOTAL 4 - -1  

17/02/14

Torneo do venres 14

Santiago Domínguez gañou o torneo semanal.

1. Santiago Domínguez
2. Dani Codesido
3. Ernesto Pérez
4. Carlos Castedo
5. Dani Mayo
6. Isidro Alfaro
7. Manuel Andión