27/11/16

Resultados primeira xornada Torneos de Outono

Liga de Outono
1º CIDU
2º A. Bóveda Hidalgos
3º. Seleccion A. Boveda - Exalcoholicos

Campionato Mundial de Pasapezas
Novos campións:
Antonio Hidalgo & Francisco García Veiras

Aproveitouse o acto para facer entrega do torneo online.

21/11/16

Torneos de Outono

O vindeiro fin de semana se celebran os Torneos de Outono

SÁBADO 26
Cota de participación: 2 euros polos dous torneos.

LIGA DE OUTONO
Competición por equipos. 17,00 a 20,00.
Os equipos estarán compostos por tres persoas.

CAMPIONATO DE PASAPEZAS
O noso tradicional "Campionato do Mundo"
Competición por parellas. 20,00 a 21,00

DOMINGO 27
Cota de participación: 4 euros.

TORNEO DE OUTONO
Categorías: Absoluta, sub14, sub12, sub10 e sub8
Competición a 15 minutos. 17,30 a 20,00

Apúntate no 981 150 168 ou no noso correo electrónico cidu@xadrezuniversitario.org


20/11/16

Noa García-Muñoz gañou o Torneo do Sábado

Noa García-Muñoz gañou o Torneo deste sábado nas clases dos rapaces.

1. Noa García-Muñoz
2. Pablo Furelos
3. Vera García-Muñoz
4. Dani García

10/11/16

CLASES DE XADREZ

O Club de Iniciativas Deportivas Universitarias en colaboración con INCUDE e a Universidade da Coruña terá estas actividades formativas durante o curso 2016-2017

CLASES PARA ADULTOS

GRUPO NA UDC SENIOR
Iniciación para adultos.
Mércores de 18,10 a 19,10 no edificio da NORMAL, no Campus de Riazor.

GRUPO DA ESCOLA UNIVERSITARIA DE XADREZ
(Esta actividade a organiza directamente a UDC e non o CIDU)
Iniciación para universitarios e adultos.
Mércores de 19,30 a 21,30 no Pavillón de Deportes do Campus de Elviña.

GRUPO NO CUR
Iniciación para adultos.
Venres de 19,30 a 20,30 no edificio do CUR, no Campus de Riazor.

CLASES PARA RAPACES

GRUPO CLASES SUB10-1
Iniciación.
Venres de 16,30 a 17,30 no edificio do CUR, no Campus de Riazor.

GRUPO CLASES SUB10-2
Iniciación.
Venres de 17,30 a 18,30 no edificio do CUR, no Campus de Riazor.

GRUPO CLASES SUB14
Perfeccionamento.
Sábado de 12,00 a 13,00 no edificio do CUR, no Campus de Riazor.

05/11/16

Torneo do Arbol

Seguimos cos torneos amigables dos sábados.
A clasificación esta vez foi a seguinte:

1. Ernesto Pérez
2. Manuel García
3. Noa García-Muñoz
4. Daniel García
5. Vera García-Muñoz
6. Pablo Furelos

Animamos a todos a participar nestes torneos que durarán ata final do ano.

A participación é de balde para os asistentes ás clases.