Repasemos os equipos que poderían estar implicados no descenso, e os puntos que se espera que acaden ao final da liga segundo a súa porcentaxe de puntos ata o de agora:
Artesanos: 24-25 puntos
Exa: 23-24
Xiria: 23-24 puntos
Bóveda: 23-24 puntos
Peña: 20-21 puntos
Sigrás: 19-20 puntos
CIDU 17-18 puntos
CIDU-iniversidade: 15-16 puntos
É dicir, para salvarense os dous equipos teriamos que superar a Peña-Exalcohólicos e ao Sigrás, para o que deberiamos andar polos 20 puntos en total. Para salvarse so un dos nosos equipos podería bastar con 19 puntos aproximadamente.
Para isto o CIDU debería facer 7 puntos, a unha media de 2,33 puntos por encontro. Prácticamente gañar todos os encontros, aínda que sexa pola mínima. O CIDU-universidade debería facer 8,5 puntos. Unha media case de gañar 3-1 por partida.
Agora repasemos o calendario. O CIDU quedanlle Artesanos e os dous Exalcohólicos. Se facemos un bo resultado contra Artesanos poderíanse meter na loita polo descenso, se non estarían practicamente salvados. O encontro clave estará na seguinte xornada, xogando coa Peña Exalcohólicos. Este é un rival directo porque é un dos poucos ó que podemos alcanzar. Como estaremos algún punto por debaixo del soamente nos vale gañar. O último encontro contra a escola Exalcohólicos dependerá do que fixeramos antes, e haberá que estar coa calculadora. Pode que nos chegue cun empate ou un resultado equilibrado.
O CIDU-universidade o ten aínda mais complicado. Xoga con Gillán, Xiria e Betanzos. Dous deles loitando directamente polo ascenso e o Xiria cun potencial por enriba da sua posición. Non chegará co punto de Fran por abaixo e haberá que facer puntos por enriba tamén. Haberá que ir a gañar todas as partidas. Especial dificultade terán os que xoguen a próxima xornada contra Gillán, que estarán a loitar polo ascenso e tentarán de gañarnos por un 0-4, con todos os xogadores por encima do 50 % da puntuación. Despois, o Xiria pode presentar un equipo mais doado con algunha rotación.
De todas maneiras, debemos recordar que ainda que non nos salvemos dos 3 últimos postos, deberemos quedar no mellor posto posible por se hai algunha baixa para o vindeiro ano.
Sorte a todos