17/11/19

Torneo de Outono e Campionato Mundial de Pasapezas

O Club de Iniciativas Deportivas Universitarias celebra unha nova edición do Torneo de Outono e o Campionato Mundial de Pasapezas.
Conformados por un total de 4 torneos, estes celebraranse os días 22, 23 e 24 de novembro.

Inscrición de 1 euro para a nosa asociación de defensa do patrimonio e bolsa de comida para o Banco de Alimentos.
Acéptase calquera tipo de alimento aínda que é preferible entregar os que teñan unha data de caducidade longa.
Un pago vale para xogar e todos os torneos.
Todos os que vaian o domingo a xogar o Torneo Individual ou recoller trofeo dos torneos anteriores recibirán medalla.

Local de xogo para todos os torneos:

Centro Universitario de Riazor
Rúa Almirante Lángara s/n 15011 A Coruña

Torneo de Rápidas de Outono


Día 22 de novembro
Lugar: CUR
Horario: 20,30 a 22,15
Con partidas de 5 minutos sen incremento, trátase dun torneo con modalidade suíza a 5 roldas.
Trofeo para o vencedor.
Roldas: 20,30 | 20,50 | 21,10 | 21,30 | 21,50

Liga de Outono


Día 23 de novembro
Lugar: CUR
Horario: 17,00 a 19,00
Torneo por equipos de 3 xogadores cada un e ritmo de 5 min con 3 segundos de incremento. Serán 5 roldas modalidade suíza.
Trofeo para os 3 primeiros equipos.
Roldas: 17,00 | 17,20 | 17,40 | 18,00 | 18,20

Campionato Mundial de Pasapezas


Día 23 de novembro
Lugar: CUR
Horario: 19,00 a 20,40
Torneo por parellas coa modalidade de pasapezas na cal as pezas comidas nun taboleiro poden ser colocadas no outro polo compañeiro.
Partidas a 5 minutos sen incremento con 5 roldas en modalidade suíza.
Trofeo para a parellas gañadora.
Roldas: 19,00 | 19,20 | 19,40 | 20,00 | 20,20

Torneo individual de Outono


Día 24 de novembro
Lugar: CUR
Horario: 16,30 a 19,30
Ritmo de 10 minutos máis 5 segundos de incremento, modalidade suíza a 5 roldas.
Trofeos para os 3 primeiros clasificados e 1 trofeo para os mellores das categorías  Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.
1ª rolda 16,30
2ª rolda 17,00
3ª rolda 17,30
4ª rolda 18,00
5ª rolda 18,30
Entrega de trofeos dos 4 torneos 19,00


Para inscribirte nalgún dos torneos PREME AQUÍ