26/10/25

Liga de Outono por equipos


Dentro dos 
Torneos de Outono unha vez mais facemos o torneo por equipos.

BASES DO TORNEO.

DATA: 
venres 7 de novembro de 2025.

LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Los Rosales - Planta baixa.
Rda. de Outeiro, 419 - 15011 A Coruña.

HORARIO:
De 18,30 a 20,00.
Entrega de premios despois do Torneo Lóstrego

SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Equipos formados por tres xogadores, que disputarán un torneo por sistema de Liga ou Suizo segundo o número de inscritos.
O ritmo será de 5' + 3''

PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros equipos.

COTAS E INSCRICIONS
A cota de participación no torneo consistirá nun quilo de arroz ou pasta por cada participante.
A data tope para anotarse será na mesma sala de xogo, antes do inicio da proba.
A inscrición previa pode realizarse mediante o seguinte formulario electrónico:

(ou cubrir abaixo)

CONSIDERACIONS FINAIS

Advertencia 1: Nesta mesma web aparecerán publicados torneos distintos, como o torneo lóstrego de outono para a mesma data.

Advertencia 2: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden modificar e ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.