30/11/22

Torneo Maratón

Do 5 ao 6 de decembro realizaremos o Torneo Maratón co apoio da Deputación da Coruña.

Recuperamos unha actividade que levaba varios anos sen realizarse e como sabemos que non haberá moitos tolos para completala, o que si imos facer é unha auténtica maratón de torneos en distintos días.

Pero na Maratón deste ano, que temos como obxectivo manter nestas datas no futuro, presentamos como gran novidade que dous dos torneos valen para ELO FIDE.

Os dous torneos que valen para ELO serán o primeiro o luns día 5 pola tarde e o último o martes 6 antes de ir xantar.

Polo medio haberá torneos nocturnos, torneo de damas e torneo de FischerRandom.

Para participar é obrigatorio contar coa ficha federativa de 2022.

O torneo terá lugar no Hotel Alda Sada Marina. (Avenida da Mariña, Sada). Empregaranse as salas Mariñas e Betanzos da primeira planta.

Non se poderá introducir comida na sala de xogo. Hai descanso suficiente entre torneos e mesmo entre roldas. Para os que o desexen no Hotel está a cervexaría Capri (Instagram: cerveceria.capri) onde hai tapas, pinchos e menú do día a 10€ persona, ao mediodía e á noite.

Non hai cota de inscrición na maioría dos torneos, pero agradecemos que se faga entrega dun kilo de alimentos para os proxectos solidarios da nosa entidade matriz INCUDE.

ACTUALIZACION DOMINGO 4 23,30: DADA A BAIXA SOLICITUDE PRAZAS PARA OS TORNEOS NOCTURNOS ESTES QUEDAN ANULADOS. PERO SE O MESMO DIA DE XOGO HAI 6 PERSOAS INTERESADAS MANTERÍANSE. OS TORNEOS VALIDOS PARA ELO FIDE REALIZARÁNSE E AÍNDA HAI PRAZAS.

Estes son os torneos:

1º TORNEO.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 18,00 do día 5 de decembro.
Roldas: 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30 / 20,00
De ser necesario habería outra rolda ás 20,30.
Válido para ELO FIDE
Trofeo para o primeiro clasificado e medalla para os xogadores sub14.

2º TORNEO.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 21,00
5 Roldas
O torneo rematará preto da media noite.
Supoñemos que moitos xogarán este torneo e marcharán para voltar pola mañán.





3º TORNEO.
Ritmo: 10' + 3"
XOGARASE SE HAI XENTE INTERESADA NO TORNEO ANTERIOR
Hora de inicio: 0,00 do día 6
5 Roldas
Torneo na media noite.
Os xogadores que participen neste torneo levarán como agasallo un despertador. (O modelo do despertador do CIDU que se entregou en edicións do maratón hai case 20 anos).




4º TORNEO.
EN PRINCIPIO QUEDA ANULADO
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 3,00
5 Roldas
Para romper un pouco coa monotonía este torneo, que xa comezará a unha hora tardía será na modalidade FischerRandom ou 960.
O vencedor obterá o trofeo do torneo universitario de xadrez 960.


5º TORNEO.
EN PRINCIPIO QUEDA ANULADO
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 6,00
5 Roldas
Voltaremos ao xadrez "normal". Igoal xa non queda ninguén xogando, pero se alguén chega ata aqui recibirá unha taza do CIDU, para que nos lembre ao tomar o café.





6º TORNEO.
EN PRINCIPIO QUEDA ANULADO
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 10,00
5 Roldas
Se alguén quere marchar a durmir un pouco antes do último torneo, ten a opción de saltarse o torneo de damas, que é a modalidade que se xogará a unha hora mais normal para aqueles que veñan de novo.
O vencedor deste torneo obterá o trofeo do torneo universitario de damas.



7º TORNEO.
Ritmo: 3' + 2"
Hora de inicio: 13,00
5 Roldas
O último torneo do Maratón será ritmo lóstrego e será válido para ELO FIDE.
Tamén será o único cunha cota de inscrición, aínda que pequena de so 2 euros e que será de balde para os que participaran en polo menos dous dos anteriores torneos.
Trofeo para o primeiro clasificado e medalla para os xogadores sub14. TORNEO EN INFO64

Premios: Ademais do sinalado nos apartados anteriores sobre premios en cada torneo por gañar ou participar establécese unha clasificación combinada na que os dez primeiros de cada torneo recibirán puntos pola súa clasificación (10 puntos o primeiro, 9 o segundo...). Poderán participar nesta combinada aqueles que disputaran como mínimo tres dos sete torneos e contarán os seus cinco mellores resultados. Os tres primeiros desta clasificación recibirán un trofeo.

Ademais por xentileza da cadea hoteleira que nos acolle haberá un sorteo entre os participantes. Cada xogador obterá un número para para participar no sorteo por cada torneo que complete. Para gañar o premio será necesario estar presente na clausura da proba o martes 6 ás 14,30 aproximadamente.

Sortaranse un bono regalo dunha estancia para 1 noite, 2 persoas, a disfrutar en 2023 en calquera dos 60 hoteis ALDA (reservas baixo petición e suxeitas a disponibilidade).

En caso de que a suma das participacións nos torneos valedeiros para ELO FIDE pase de 50 persoas serán dous os bonos a sortear.

Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Lembra que na semana da ponte imos ter o grupo de torneos mais intenso da nosa historia, xuntando a celebración do Torneo Maratón e dos que este ano conformarán o do Aniversario.

Mira todas as actividades en https://www.xadrezuniversitario.org/2022/11/a-tope-na-ponte.html

Para inscribirte

29/11/22

Torneo de Outono

Pois vamos co último dos Torneos de Outono,  a proba individual a ritmo mais tranquilo. Está dentro das actividades do noso club de xadrez co apoio do Concello da Coruña.

Será unha proba aberta a tódolos interesado que terá lugar no Centro Universitario de Riazor, sede de INCUDE, na rúa Almirante Lángara de A Coruña.

Domingo 4/12/2022

Torneo de Outono
Torneo de partidas a 10' + 3''. Suizo a 5 roldas. (17,00/17,30/18,00/18,30/19,00)
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta e para o primeiro sub8, sub10, sub12 e sub13. Medalla para todos os participantes. 
Independentemente da idade todos os xogadores participarán nun grupo único.
Cota: 2 euros e 1 kilo de arroz ou pasta. 

Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Lembra que na semana da ponte imos ter o grupo de torneos mais intenso da nosa historia, xuntando a celebración do Torneo Maratón e dos que este ano conformarán o do Aniversario.

Mira todas as actividades en https://www.xadrezuniversitario.org/2022/11/a-tope-na-ponte.html

Para inscribirte

28/11/22

A tope na ponte!

Actualizamos esta nova para indicaros todos os torneos que teremos nos próximos días, xa que na ponte imos ter o grupo de torneos mais intenso da nosa historia, xuntando a celebración de probas habituais do Outono, co Torneo Maratón e dos que este ano conformarán o do Aniversario.

Para vindeiros anos agardamos manter o Torneo Maratón nestas mesmas datas e recuperar a normalidade do Torneo Aniversario en torno ao día 1 de maio, data da nosa fundación.

Estes son os próximos torneos:

2 DE DECEMBRO
CIRCUITO DE OUTONO.
Centro Comercial Los Rosales.
Ritmo: 5'
Hora de inicio: 20,00.
Roldas: 5
Dentro do noso circuito anual de partidas rápidas.
Cota de 1 euro.




4 DE DECEMBRO
TORNEO DE OUTONO.
Centro Universitario de Riazor.
Ritmo: 10' + 3''
Hora de inicio: 17,00.
Roldas: 5
Cota de 2 euros e un quilo de pasta ou arroz.
Mais info:


5 E 6 DE DECEMBRO
TORNEO MARATON. 
Hotel ALDA Sada Marina
Sada A Coruña.
Sete torneos nunha xornada lúdica especial.
2 torneos valen para ELO FIDE.
Mais info:





6 E 7 DE DECEMBRO
TORNEO ANIVERSARIO
Sporting Club Casino
Rúa Real A Coruña.
Dous torneos para celebrar o noso aniversario.
Mais info:




8 DE DECEMBRO    
TORNEO ODEON - ANIVERSARIO DO CIDU
Centro Comercial Odeón
Narón - A Coruña.
Hora de inicio: 17,30 do día 8 de decembro.
Roldas: 17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30
Válido para ELO FIDE
De balde.
Mais info:


9 DE DECEMBRO
CIRCUITO DE OUTONO.
Centro Comercial Los Rosales.
Ritmo: 5'
Hora de inicio: 20,00.
Roldas: 5
Dentro do noso circuito anual de partidas rápidas.
Cota de 1 euro.



Se non hai ligazón as bases específicas de cada proba, revisa a web xa que serán publicadas nos próximos días.

Se queres participar


23/11/22

Anunciamos a maior maratón de xadrez

Na semana da ponte imos ter o grupo de torneos mais intenso da nosa historia, xuntando a celebración do Torneo Maratón e dos que este ano conformarán o do Aniversario.

Para vindeiros anos agardamos manter o Torneo Maratón nestas mesmas datas e recuperar a normalidade do Torneo Aniversario en torno ao día 1 de maio, data da nosa fundación.

Estes son os torneos que temos na semana da ponte:

TORNEO MARATON. 1º TORNEO.
Hotel ALDA Sada Marina
Sada A Coruña.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 18,00 do día 5 de decembro.
Roldas: 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30 / 20,00
De ser necesario habería otra rolda ás 20,30.
Válido para ELO FIDE
De balde.



TORNEO MARATON. 2º TORNEO.
Hotel ALDA Sada Marina
Sada A Coruña.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 21,00
5 Roldas
De balde.





TORNEO MARATON. 3º TORNEO.
Hotel ALDA Sada Marina
Sada A Coruña.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 0,00 do día 6
5 Roldas
De balde.





TORNEO MARATON. 4º TORNEO.
Hotel ALDA Sada Marina
Sada A Coruña.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 3,00
5 Roldas
O cuarto torneo do Maratón será na modalidade FischerRandom ou 960.
O vencedor obterá o trofeo do torneo universitario de xadrez 960.
De balde.


TORNEO MARATON. 5º TORNEO.
Hotel ALDA Sada Marina
Sada A Coruña.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 6,00
5 Roldas
De balde.





TORNEO MARATON. 6º TORNEO.
Hotel ALDA Sada Marina
Sada A Coruña.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 10,00
5 Roldas
O sexto torneo do Maratón será de damas.
O vencedor obterá o trofeo do torneo universitario de damas.
De balde.



TORNEO MARATON. 7º TORNEO.
Hotel ALDA Sada Marina
Sada A Coruña.
Ritmo: 3' + 2"
Hora de inicio: 13,00
5 Roldas
O último torneo do Maratón será ritmo lóstrego.
Válido para ELO FIDE.
Cota de 2 euros.
De balde para os que participaran en polo menos dous dos anteriores torneos.

E como pensamos que isto foi pouco ese  mesmo día 6 teremos outro torneo... e o mércores e o xoves...

TORNEO ANIVERSARIO
Sporting Club Casino
Rúa Real A Coruña.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 17,30 do día 6 de decembro.
Roldas: 17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30
De ser necesario habería otra rolda ás 20,00.
Válido para ELO FIDE
Cota de 2 euros.



TORNEO ANIVERSARIO LOSTREGO
Sporting Club Casino
Rúa Real A Coruña.
Ritmo: 3' + 2"
Hora de inicio: 19,30 do día 7 de decembro.
5 ou 6 roldas.
Válido para ELO FIDE
Cota de 2 euros.




TORNEO ODEON - ANIVERSARIO DO CIDU
Centro Comercial Odeón
Narón - A Coruña.
Hora de inicio: 17,30 do día 8 de decembro.
Roldas: 17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30
Válido para ELO FIDE
De balde.





As bases específicas de cada proba serán publicadas nos próximos días.
Se queres participar


18/11/22

Samuel Dieste, campión xadrez lóstrego

Samuel Dieste, alumno de INEF, quedou primeiro no Torneo deste venres que poñía en xogo o título e o trofeo de campión lostrego da Universidade, que non puido disputarse o pasado curso.

A proba deu inicio á serie de torneos que teremos nos vindeiros días co xenérico nome de Torneos de Outono, co apoio do Concello da Coruña.