29/11/22

Torneo de Outono

Pois vamos co último dos Torneos de Outono,  a proba individual a ritmo mais tranquilo. Está dentro das actividades do noso club de xadrez co apoio do Concello da Coruña.

Será unha proba aberta a tódolos interesado que terá lugar no Centro Universitario de Riazor, sede de INCUDE, na rúa Almirante Lángara de A Coruña.

Domingo 4/12/2022

Torneo de Outono
Torneo de partidas a 10' + 3''. Suizo a 5 roldas. (17,00/17,30/18,00/18,30/19,00)
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta e para o primeiro sub8, sub10, sub12 e sub13. Medalla para todos os participantes. 
Independentemente da idade todos os xogadores participarán nun grupo único.
Cota: 2 euros e 1 kilo de arroz ou pasta. 

Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Lembra que na semana da ponte imos ter o grupo de torneos mais intenso da nosa historia, xuntando a celebración do Torneo Maratón e dos que este ano conformarán o do Aniversario.

Mira todas as actividades en https://www.xadrezuniversitario.org/2022/11/a-tope-na-ponte.html

Para inscribirte