16/11/22

TORNEOS DE OUTONO 2022

Os Torneos de Outono son una actividade do noso club de xadrez co apoio do Concello da Coruña.

Son probas abertas a tódolos interesados. Poden participar tódolos xogadores que o desexen que sexan estudantes da UDC ou ben teñan licenza federativa en vigor (consultar en caso de non tela).

Este ano imos facer varias probas nas últimas semanas de novembro.

As probas presenciais terán lugar no Centro Universitario de Riazor, na rúa Almirante Lángara de A Coruña.

Venres 18/11/2022

Torneo Lóstrego. Campionato Universitario de Rápidas.
20,30 – 21,30 aproximadamente.
Premio: Trofeo para o primeiro clasificado. 
O torneo vale para o Circuito de Outono de INCUDE.
Cota: 1 euro e 1 kilo de arroz ou pasta. 

Sábado 19/11/2022

Torneo de pasapezas.
17,30 – 18,30 aproximadamente.
Partidas lóstrego desta divertida modalidade. O noso CAMPIONATO DO MUNDO.
Premio: Trofeo para os dous componentes da parella gañadora.
Cota: 2 euros e 1 kilo de arroz ou pasta (a cota vale para a outra actividade desta tarde). 
Os interesados deben anotarse en cidu@xadrezuniversitario.org

Liga de Outono por equipos.
19,00 – 20,30 aproximadamente. 
Torneo de partidas a 10' + 3'' para equipos integrados por 3 persoas.
A clasificación será por resultados globais dos encontros, sendo os puntos dos taboleiros o desempate.
Premios: Trofeos para os tres primeiros equipos.  
Cota: 2 euros e 1 kilo de arroz ou pasta (a cota vale para a outra actividade desta tarde). 
Os interesados deben anotarse en cidu@xadrezuniversitario.org

Domingo 20/11/2022

Torneo Lóstrego Online. 
19,30-20,30 
A través de Lichess e o club que mantén nese espazo a nosa entidade.

Antes de inscribirte agradecemos que nos des os datos para poder completar a memoria da actividade non so cos nicks.

Premio: Trofeo para o primeiro clasificado (terá que recollelo na sede do Club).


Campión da Combinada: 
O campión da combinada resultará da aplicación do sistema cotián de circuitos de INCUDE nas catro probas destes tres días e das que se realicen o próximo fin de semana.

Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.