30/11/22

Torneo Maratón

Do 5 ao 6 de decembro realizaremos o Torneo Maratón co apoio da Deputación da Coruña.

Recuperamos unha actividade que levaba varios anos sen realizarse e como sabemos que non haberá moitos tolos para completala, o que si imos facer é unha auténtica maratón de torneos en distintos días.

Pero na Maratón deste ano, que temos como obxectivo manter nestas datas no futuro, presentamos como gran novidade que dous dos torneos valen para ELO FIDE.

Os dous torneos que valen para ELO serán o primeiro o luns día 5 pola tarde e o último o martes 6 antes de ir xantar.

Polo medio haberá torneos nocturnos, torneo de damas e torneo de FischerRandom.

Para participar é obrigatorio contar coa ficha federativa de 2022.

O torneo terá lugar no Hotel Alda Sada Marina. (Avenida da Mariña, Sada). Empregaranse as salas Mariñas e Betanzos da primeira planta.

Non se poderá introducir comida na sala de xogo. Hai descanso suficiente entre torneos e mesmo entre roldas. Para os que o desexen no Hotel está a cervexaría Capri (Instagram: cerveceria.capri) onde hai tapas, pinchos e menú do día a 10€ persona, ao mediodía e á noite.

Non hai cota de inscrición na maioría dos torneos, pero agradecemos que se faga entrega dun kilo de alimentos para os proxectos solidarios da nosa entidade matriz INCUDE.

ACTUALIZACION DOMINGO 4 23,30: DADA A BAIXA SOLICITUDE PRAZAS PARA OS TORNEOS NOCTURNOS ESTES QUEDAN ANULADOS. PERO SE O MESMO DIA DE XOGO HAI 6 PERSOAS INTERESADAS MANTERÍANSE. OS TORNEOS VALIDOS PARA ELO FIDE REALIZARÁNSE E AÍNDA HAI PRAZAS.

Estes son os torneos:

1º TORNEO.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 18,00 do día 5 de decembro.
Roldas: 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30 / 20,00
De ser necesario habería outra rolda ás 20,30.
Válido para ELO FIDE
Trofeo para o primeiro clasificado e medalla para os xogadores sub14.

2º TORNEO.
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 21,00
5 Roldas
O torneo rematará preto da media noite.
Supoñemos que moitos xogarán este torneo e marcharán para voltar pola mañán.





3º TORNEO.
Ritmo: 10' + 3"
XOGARASE SE HAI XENTE INTERESADA NO TORNEO ANTERIOR
Hora de inicio: 0,00 do día 6
5 Roldas
Torneo na media noite.
Os xogadores que participen neste torneo levarán como agasallo un despertador. (O modelo do despertador do CIDU que se entregou en edicións do maratón hai case 20 anos).




4º TORNEO.
EN PRINCIPIO QUEDA ANULADO
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 3,00
5 Roldas
Para romper un pouco coa monotonía este torneo, que xa comezará a unha hora tardía será na modalidade FischerRandom ou 960.
O vencedor obterá o trofeo do torneo universitario de xadrez 960.


5º TORNEO.
EN PRINCIPIO QUEDA ANULADO
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 6,00
5 Roldas
Voltaremos ao xadrez "normal". Igoal xa non queda ninguén xogando, pero se alguén chega ata aqui recibirá unha taza do CIDU, para que nos lembre ao tomar o café.





6º TORNEO.
EN PRINCIPIO QUEDA ANULADO
Ritmo: 10' + 3"
Hora de inicio: 10,00
5 Roldas
Se alguén quere marchar a durmir un pouco antes do último torneo, ten a opción de saltarse o torneo de damas, que é a modalidade que se xogará a unha hora mais normal para aqueles que veñan de novo.
O vencedor deste torneo obterá o trofeo do torneo universitario de damas.



7º TORNEO.
Ritmo: 3' + 2"
Hora de inicio: 13,00
5 Roldas
O último torneo do Maratón será ritmo lóstrego e será válido para ELO FIDE.
Tamén será o único cunha cota de inscrición, aínda que pequena de so 2 euros e que será de balde para os que participaran en polo menos dous dos anteriores torneos.
Trofeo para o primeiro clasificado e medalla para os xogadores sub14. TORNEO EN INFO64

Premios: Ademais do sinalado nos apartados anteriores sobre premios en cada torneo por gañar ou participar establécese unha clasificación combinada na que os dez primeiros de cada torneo recibirán puntos pola súa clasificación (10 puntos o primeiro, 9 o segundo...). Poderán participar nesta combinada aqueles que disputaran como mínimo tres dos sete torneos e contarán os seus cinco mellores resultados. Os tres primeiros desta clasificación recibirán un trofeo.

Ademais por xentileza da cadea hoteleira que nos acolle haberá un sorteo entre os participantes. Cada xogador obterá un número para para participar no sorteo por cada torneo que complete. Para gañar o premio será necesario estar presente na clausura da proba o martes 6 ás 14,30 aproximadamente.

Sortaranse un bono regalo dunha estancia para 1 noite, 2 persoas, a disfrutar en 2023 en calquera dos 60 hoteis ALDA (reservas baixo petición e suxeitas a disponibilidade).

En caso de que a suma das participacións nos torneos valedeiros para ELO FIDE pase de 50 persoas serán dous os bonos a sortear.

Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Lembra que na semana da ponte imos ter o grupo de torneos mais intenso da nosa historia, xuntando a celebración do Torneo Maratón e dos que este ano conformarán o do Aniversario.

Mira todas as actividades en https://www.xadrezuniversitario.org/2022/11/a-tope-na-ponte.html

Para inscribirte