16/01/26

Clases e Venres no CUR

Estamos a reorganizar os VENRES NO CUR dotando a estes días de mais actividade.

Así que este venres temos:

Clases de xadrez ás 17,00 e 19,00 con José Aba como profesor. 

Os interesados deben escoller entre ir ás 17,00 ou 18,00 horas. Cota: 5 euros por hora.

De 19,00 a 20,00 partidas libres e a partir das 20,00 Torneo Lóstrego. Ambas actividades son só para membros da Universidade da Coruña e xogadores do CIDU.

Lembra que a partir do sábado 24 comeza a Liga Galega de Xadrez. Lembrade ter a uniformidade preparada!.

09/01/26

Venres no CUR e Liga

Xa está publicado o calendario da Liga de Xadrez. Este ano voltamos a ter tres equipos. Se queres participar ainda estás a tempo. Ademais comproba que estas no grupo de whatsapp do teu equipo.

Para que a xente vaia adestrando, animamos a asistir aos xogadores do CIDU aos torneos que realizaremos cada venres no CUR ás 20,00.

A final de mes entregaremos un trofeo para o mellor xogador dos venres de xaneiro (9, 16, 23 e 30).

Calendaruo de Liga.

ROLDA-1 24-01-2026
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - CIDU INCUDE
CIDU RIAZOR - ESCOLA XADREZ CLUBEXA B - CLUB DEL MAR

ROLDA-2 31-01-2026
CIDU INCUDE - XDM - HÉRCULES
CLUB XADREZ IRINDO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
XIRIA A´XAMONERÍA CARBALLO C - CIDU RIAZOR

ROLDA-3 07-02-2026
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - TDFC SIN QUERER
GILLANCIÑOS - CIDU INCUDE
CIDU RIAZOR - CORUÑA CLUB DE AJEDREZ C

ROLDA-4 21-02-2026
CIDU INCUDE - GILLÁN - EL PROGRESO
ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA A - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
GALICHESS ARTEIXO B - CIDU RIAZOR

ROLDA-5 28-02-2026
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - ELX XUVENIL
XIRIA CALVO CARBALLO A - CIDU INCUDE
CIDU RIAZOR - BYE

ROLDA-6 07-03-2026
ESCOLA TECNICA DE AJEDREZ DE CORUÑA B - CIDU INCUDE
ESCOLA XADREZ CLUBEXA A - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CIDU RIAZOR - CORUÑA CLUB DE AJEDREZ B

ROLDA-7 14-03-2026
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - ESCOLA TECNICA DE AJEDREZ DE CORUÑA B
CIDU INCUDE - CLUB XADREZ IRINDO
XDM - Monte Alto - CIDU RIAZOR

ROLDA-8 21-03-2026
TDFC SIN QUERER - CIDU INCUDE
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - XDM - HÉRCULES
CIDU RIAZOR - AIR HOSTESS

ROLDA-9 11-04-2026
GILLANCIÑOS - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CIDU INCUDE - ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA A
CORUÑA CLUB DE AJEDREZ A - CIDU RIAZOR

ROLDA-10 18-04-2026
ELX XUVENIL - CIDU INCUDE
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - GILLÁN - EL PROGRESO

ROLDA-11 25-04-2026
XIRIA CALVO CARBALLO A - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
CIDU INCUDE - ESCOLA XADREZ CLUBEXA A

06/01/26

Resultados Torneo Aniversario de INCUDE

Este pasado domingo celebramos o aniversario da Asociación INCUDE organizando un torneo lóstrego.

Ata o CUR achegáronse 18 xogadores para disputar 5 roldas e o gañador desta edición foi o xogador do CIDU Gonzalo López Vázquez.







Resultados do Torneo:



01/01/26

Torneo Aniversario INCUDE

Para dar a benvida ao ano 2026 temos este domingo 4 de xaneiro o primeiro dos torneos desta temporada.

Nesta mesma data no ano 1993 fundábase a Asociación INCUDE e para conmemorar este feito organizamos o Torneo Aniversario de INCUDE.

Nome do Torneo: TORNEO ANIVERSARIO DE INCUDE

Data: 4 de xaneiro de 2026.

Lugar: Centro Universitario de Riazor (Almirante Lángara, s.n.).

Ritmo: 5 minutos + 3 segundos

Horario:
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,20
3ª Rolda: 17,40
4ª Rolda: 18,00
5ª Rolda: 18,20
ENTREGA DE TROFEOS ÁS 18,40

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados da categoría Absoluta.
Trofeo para o mellor universitario.
Medalla para todos os participantes.
Pequeno agasallo para os xogadores do CIDU.

Inscricións: 3 euros.
Máximo 32 xogadores.

Advertencia 1: É obrigatorio que contar con licenza federativa de xadrez. Este requisito non será necesario para os estudantes da Universidade da Coruña. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións no Whatsapp 636 22 65 72

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

10/12/25

Resultados XXXVI Torneo Universitario

O XXXVI Torneo Universitario finalizou o pasado 21 de novembro e proclamouse campión Brais Martínez.

No segundo posto temos a Jaime Arangüena, que tamén quedou como mellor universitario do torneo.

En terceiro posto temos a Ramiro del Valle da Escola Técnica de Xadrez.