24/02/23

Primeira Xornada da Liga

Este sábado 25 comeza unha nova edición da Liga Galega de Xadrez.

Os dous equipos que xogan como locais disputarán as súas partidas no Centro Comercial Los Rosales.

A hora de inicio é ás 17,00

A ver que tal vai este ano.

Lembrade que se algún se quere apuntar aínda está a tempo para vindeiras xornadas e que moitos dos apuntados o ano pasado aínda teñen a súa taza no CUR.

E para os xogadores do club lembrade que os venres estaremos no CUR dende ás 19,30 botando partidas (e se hai xente facendo torneo).

No tocante aos nosos compromisos estes son os encontros:

ROLDA-1 25-02-2023
CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA - REGATAS DE PERILLO
CLUB DE AJEDREZ MACONDO C - CIDU CALASANZ - ROSALES
CIDU ESCOLA INCUDE - TDFC7

Sorte a todos