15/03/24

De novo Liga e Xogade

Na fin de semana seguimos co deporte escolar de Xogade. Tras a clasificación o pasado venres do equipo CIDU INFANTIL na fase coruñesa estaremos atento ao que fan parte dos xogadores da nosa escola integrados no Xadrez das Mariñas na fase de Cambre. 

Coma nas semanas anteriores este venres temos ás 19,30 a clase de inciación con Pablo no Centro Universitario de Riazor. E a partir das 20,30 os membros do club e da comunidade universitaria poden pasar a botar partidas e se hai xente faremos un torneo de rápidas ata as 21,45.

O sábado disputaremos a Liga

ROLDA-5 16-03-2024
E.L.X. ABSOLUTO - CIDU UNIVERSIDADE DA CORUÑA
O equipo principal viaxa a loitar co duro equipo da Escola Luguesa.
CIDU INCUDE - ESCOLA TECNICA DE XADREZ DA CORUÑA
CIDU RIAZOR - XIRIA GARAYSA CARBALLO B

O domingo temos de novo o Xogade en Cambre. Hai que estar no Pavillón Sofía Toro pouco antes das 10,00. Tras a primeira xornada os nosos xogadores están ben situados en distintas categorías. Imos ver se somos quen de culminar ben o torneo.