05/07/24

Sábado a Vimianzo

Este sábado temos unha das actividades anuais mais aconsellables; O Asalto ao Castelo en Vimianzo. Un fin de semana intenso, no que nos estaremos na praza do Concello dende as 11,00.

Tras ver que había poucos anotados anulamos o Torneo Valedeiro para ELO FIDE, pero teremos xadrez mañá e tarde na praza e tam´ne un torneo obline o domingo,

SÁBADO 6. 

11,00: Colocación xogos de mesa.
Demostración de Irmandiños, Carcasonne e Constructores da Idade Media.

11,15: Torneo Xadrez Lóstrego.
Non necesario estar federados. Aberto a calquera interesado.
Suízo a 5 roldas. Aproximadamente 60 minutos de xogo.
Horario aproximado do inicio das partidas: 11,20 / 11,35 / 11,50 / 12,05 / 12,20
Premio: Trofeo para tres primeiros postos e para o mellor posto universitario. 
Medallas e libro a participantes.

12,15: Torneo de Clash Royale.
Trofeo para primeiro posto.

17,30: Xogos de mesa. Sesión de tarde.
Partidas libres de xadrez e de Catro en Liña.
Realizaremos torneo de Catro el liña con trofeo.

DOMINGO 7. 

16,00 Torneo Online do Asalto ao Castelo.
Os participantes deben inscribirse previamente en www.agax.net
Ligazón torneo: ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO Arena #O1NPM7yB • lichess.org
Trofeo para primeiro posto.