Tras os torneos do Aniversario do CIDU e do Día das Letras Galegas imos celebrar o torneo do Campus de Ferrol, e deseguido o torneo do Asalto en Vimianzo. Para o Campus de Ferrol imos xa coa nosa cuarta colaboración co Centro Comercial Odeón, que acollerá o XXXIV Torneo Lóstrego da UDC o sábado 28 de xuño. Igualmente agardamos contar coa axuda anual da Deputación da Coruña. A todos eles expresarlles o noso maior agradecemento.
BASES DO XXXIV UNIVERSITARIO LÓSTREGO - TORNEO ODEÓN.
DATA:
Sábado 27 de xuño de 2026.
Sábado 27 de xuño de 2026.
LOCAL DE XOGO:
Centro Comercial Odeón.
Narón.
HORARIO:
Presentación: 17,00-17,25
1ª Rolda: 17,30
1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 17,45
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,15
5ª Rolda: 18,30
Entrega de trofeos estimada: 18,45.
SISTEMA DE XOGO E RITMO:
Xogárase por sistema suizo a cinco roldas.
Válido para ELO FIDE
O ritmo será de 5' + 3''
DESEMPATES:
1. Bucholz, 2. Bucholz-1, 3. Progresivo, 4. Partidas gañadas, 5. Resultado particular e 6. Partidas xogadas con negras.
1. Bucholz, 2. Bucholz-1, 3. Progresivo, 4. Partidas gañadas, 5. Resultado particular e 6. Partidas xogadas con negras.
XOGADORES E CATEGORÍAS:
Poderá participar calquera xadrecista que teña licencia federativa en vigor.
Todos os xogadores formarán unha única categoría.
Por ser un torneo a cinco roldas cumpriremos co máximo recomendado de 32 xogadores.
PREMIOS
Trofeo para os tres primeiros clasificados.
Trofeo para o mellor membro da Universidade da Coruña, que será o campión do XXXIV Torneo Universitario Lóstrego.
Libro e pequeno agasallo para todos os asistentes.
Para a entrega dos premios será obrigatorio a asistencia ao acto de clausura e entrega de premios.
COTAS E INSCRICIONS
De balde. A inscrición realizarase mediante o seguinte formulario electrónico:
Outras actividades próximas:
TORNEO ASALTO AO CASTELO (Vimianzo). 4 de xullo. Ritmo lóstrego.
TORNEO EN CARIÑO. 11 de xullo. Torneo por categorías.
CONSIDERACIONS FINAIS
Advertencia 1: Os participantes nas probas autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.