14/11/11

O CUR abrirá os venres agás aviso previo

O Centro Universitario de Riazor vai abrir os venres, como nos cursos pasados, mentras siga funcionando a Escola Universitaria de Xadrez.
Lembramos á xente a necesidade de apuntarse na mesma no Pavillón de Deportes da Universidade.
O pasado venres, houbo pouca xente, e o torneo foi un mero triangular, gañado por Ernesto seguido de Santiago e Isidro)

11/11/11

Lembranza de actividades

* Hoxe venres ás 19,30 abrimos o CUR.
 
* Hai que pensar que facemos durante a Liga de Xadrez. Basicamente a idea é manter dous equipos CIDU pero seguramente renunciar á praza de Segunda. E Palaestra xogaría unindo á xente de Sigrás tal como xogan en Escolares.
 
* A Copa Galicia é en Padrón un só dia, se hai xente interesada podería irse. É o 19 de novembro todo o día.
 
* Clases.
Para aqueles interesados.
 
Grande Obra
Iniciación: Martes e Xoves de 17,00 a 18,00. Prezo 15 euros ao mes mais matrícula de 15 euros ano.
 
Universidade
Escola Universitaria: Mércores de 19,30 a 21,30 no Pavillón de Deportes en Elviña. Os universitarios deben ter o abono deportivo e os non universitarios pagar 40 euros ao ano.
 
Casino.
(Matrícula: 7 euros)
Internet: Clase semanal. 20 euros os dous meses (novembro e decembro)
Iniciación: Luns de 17,30 a 18,30. 25 euros os dous meses (novembro e decembro)
Perfeccionamento: Luns de 18,30 a 19,30. 25 euros os dous meses (novembro e decembro)

10/11/11

Empezou a Escola Universitaria de Xadrez

A Escola Universitaria de Xadrez terá lugar os venres de 19,30 a 21,30 no Pavillón de Deportes da Universidade no Campus de Elviña.
Agora mesmo hai nada mais que oito apuntados e dous mais que asistiron á primerira clase pero ainda non están ben anotados na Área de Deportes.
Lembramos que os universitarios teñen que ser aboados de deportes (25 euros ao ano) e os non Universitarios pagar unha taxa de 40 euros ao ano.
A primeira clase consitiu nunha partida cun Gambito Morra e logo uns problemas e partidas.
(Asistentes: Manuel A, Manuel F, Luis Carlos, Isidro, Santi e Artak)

08/11/11

Santi Domínguez gañou o Torneo dos Venres

O pasado día 4 tivo lugar un novo Torneo Semanal co seguinte resultado:
1. Santiago Domínguez
2. Ernesto Pérez
3. Diego Medín
4. Florencio González
5. Manuel Andión

04/11/11

Non haberá Campionato de España Universitario

A crise que estivo a piques de levarse por diante a Escola Universitaria de Xadrez na Coruña pasou polo Consello Superior de Deportes.
Se a cousa non cambia, parece que determinaron que este curso 2011-2012 non se celebre o Campionato de España de Xadrez Universitario, que pasará a ser bianual.
Esto quere dicir que ata 2013 non teremos este torneo no Calendario.
Xa hai unhas semanas acordouse suprimir os Campionatos Galaico-Durienses nos que ás veces tamén estaba o xadrez.