08/12/11

Actividade do Mércores: Torneo

A priori o mércores entre festivos parecía indicar a presenza de pouca xente; e programouse un torneo. Pero houbo a xente habitual e o torneo tivo como resultado o seguinte: Santi Domínguez, Diego Medín, Ernesto Pérez, Manuel Fondevila, Isidro Alfaro e Manuel Andión.

05/12/11

Torneo e nova incorporación

Na actividade deste venres tivemos unha nova incorporación; Alfonso Camarero e disputamos un torneo de rápidas. A Clasificación foi: Ernesto Pérez, Alfonso Camarero, Diego Medín, Isidro Alfaro e Manuel Andión.

01/12/11

Afiliación 2011-2012

Xa está listo o impreso que podes descargar premendo aqui.
Non hai novidades con respecto ao pasado curso, salvo que no mesmo impreso a xente non pode facerse socio tamén de outras entidades como no pasado.
Cada entidade vai por separado.

30/11/11

Maior presencia na clase do mércores

Pouco a pouco parece que vai asistindo mais xente ás clases dos mércores no Pabillón de Deportes en Elviña. Unha partida de Reshevsky e Keres centrou un poco a actividade teórica.
Asistentes: Santi, Manuel A, Isidro, Jose A. e Dani C.

27/11/11

Semana de pouca actividade

Mantendo a actividade dos mércores (con Santi, Manuel F, Manuel A e Isidro) e dos venres (Santi, Ernesto e Isidro). Pouco movemento cando xa estamos cerca de pechar os equipos para a vindeira semana.