13/11/12

TORNEO DE OUTONO DE XADREZ 2012


TORNEO DE OUTONO DE XADREZ 2012
Domingo, 18 de Novembro de 2012

HORARIOS:
16:30 h. - Rolda 1. 17:00 - Rolda 2.
17:30 h. - Rolda 3. 18:00 - Rolda 4.
18:30 h. - Rolda 5.
19:15 h. - Entrega de premios.

SISTEMA E CALENDARIO DE XOGO:
Sistema Suizo, a CINCO (5) roldas.

O ritmo de xogo será de 15minutos.

Segundo torneo do Circuito de AGAX de Semirrápidas 2012-2013.

OUTRAS CARACTERÍSTICAS:
Cota de inscrición de 2 euros.
Desempates: O sistema de desempate sortearase ao final do torneo.
Arbitraxe: O emparellamento será realizado por sistema informáticos. O árbitro poderá anular un emparellamento anunciado antes de iniciarse a rolda se é detectado un erro na introducción anterior de datos ou unha violación das regras do sistema suizo.
Agárdase un comportamento deportivo por parte de todos os participantes. Tres xogadores federados e maiores de 18 anos elexidos por sorteo formarán xunto ao Árbitro e un membro da entidade organizadora  o Comité de Competición.

PREMIOS:
1º Trofeo
2º Trofeo
3º Trofeo

12/11/12

COPA GALICIA CADETE DE CLUBS 2012


COPA GALICIA CADETE DE CLUBS 2012
Domingo, 18 de Novembro de 2012

HORARIOS:
11:00 h. – Presentación equipos.
11:30 h. - Rolda 1. 12:30 - Rolda 2.
13:30 h. - Rolda 3. 16:00 - Rolda 4.
17:00 h. - Rolda 5. 18:00 - Rolda 6.
19:15 h. - Entrega de premios.
Os horarios definitivos das roldas confirmaranse na presentación dos equipos.

SISTEMA E CALENDARIO DE XOGO:
Sistema Suizo, a seis (6) roldas.
Equipos formados por catro (4) taboleiros. A puntuación será por encontro (2,1,0), sendo o primeiro sistema de desempate a puntuación total por taboleiros.
O ritmo de xogo será de 15 minutos con incremento de 5 segundos/xogada, ou ritmo similar en duración.
O sistema de xogo, número de roldas e ritmo de xogo podería variar en función do número de
equipos participantes.

EQUIPOS:
Cada equipo estará formado por un mínimo de 5 xogadores e un máximo de 10; dos que 4 xogarán
cada enfrontamento, quedando os restantes como suplentes para ese enfrontamento.

PREMIOS:
1º Trofeo e axuda de 300€, si participa no
campionato de España Sub-16.
2º Trofeo
3º Trofeo

Info na web da Fegaxa

11/11/12

COPA GALICIA DE CLUBS 2012



COPA GALICIA DE CLUBS 2012
Sabado, 17 de Novembro de 2012

HORARIOS:
11:00 h. – Presentación equipos.
11:30 h. - Rolda 1. 12:30 - Rolda 2.
13:30 h. - Rolda 3. 16:00 - Rolda 4.
17:00 h. - Rolda 5. 18:00 - Rolda 6.
19:15 h. - Entrega de premios.
Os horarios definitivos das roldas confirmaranse na presentación dos equipos.

SISTEMA E CALENDARIO DE XOGO:
Sistema Suizo, a seis (6) roldas.
Equipos formados por catro (4) taboleiros. A puntuación será por encontro (2,1,0), sendo o primeiro sistema de desempate a puntuación total por taboleiros.
O ritmo de xogo será de 15 minutos con incremento de 5 segundos/xogada, ou ritmo similar en duración.
O sistema de xogo, número de roldas e ritmo de xogo podería variar en función do número de
equipos participantes.

EQUIPOS:
Cada equipo estará formado por un mínimo de 5 xogadores e un máximo de 10; dos que 4 xogarán
cada enfrontamento, quedando os restantes como suplentes para ese enfrontamento.

PREMIOS:
1º 200€ + Trofeo
2º 150€ + Trofeo
3º 100€ + Trofeo
4º 100€
5º 80€
6º 80€
7º 50€
8º 50€

Info na web da fegaxa

10/11/12

Santiago Domínguez gaña o Torneo Semanal


Santiago Domínguez gañou o Torneo da semana, dedicado á Caro-Kan.

Clasificación do Torneo: 
1 Santiago Domínguez,  
2 Francisco Dominguez,  
3 Carlos Castedo,  
4 Dani Mayo,  
5 José Manuel Andión,    
6 Dani Codesido,  
7 Ernesto Pérez,  
8 Isidro Alfaro,    
9 Alfonso Sangiao,    
10 Manuel Andión,    

Clasificación do Circuíto: 
Santi Dominguez, 21 puntos (3 Torneos Xogados)
Ernesto Pérez, 21 puntos (3 Torneos Xogados)
José Manuel Andión, 20 puntos (3 Torneos Xogados)
Carlos Castedo, 17 puntos (2 Torneos Xogados)
Dani Codesido, 15 puntos (3 Torneos Xogados)
Fran Domínguez, 14 puntos (2 Torneos Xogadso)
Dani Mayo, 12 puntos (3 Torneos Xogados)
Diego García-Muñoz, 7 puntos (1 Torneo Xogado)
Manuel Andión, 6 puntos (3 Torneos Xogados)
Francisco Conde, 4 puntos (1 Torneo Xogado)
Isidro Alfaro, 4 puntos (2 Torneos Xogados)
Florencio González, 3 puntos (1 Torneo Xogado)
Alfonso Sangiao, 2 puntos (1 Torneo Xogado)

07/11/12

Escola Universitaria

Aproveitouse a xornada da Escola Universitaria para refacer os estatutos de Incude, a Asociación que naceu hai case 20 anos e que deu logo nacemento ao noso Club.
Dende entón estaba sen case actividade pero a idea ahora e asúa recuperación e inscribila como asociación universitaria, ligada sempre ao CIDU.

(Asistentes: Isidro A., Dani M., Carlos C., Manuel F., Santi D. e José M. A.)