23/10/16

Foto do torneo de Sigrás

Curiosa foto cando menos da primeira mesa do Torneo co número 1 do ranking Rachis Navarro, xogador do Sigrás, con Arturo Rivas, da escola de iniciación do CIDU.


22/10/16

Torneo Nos

O Torneo Nos dos Rapaces da escola tivo por segunda semana consecutiva como vencedor a Dani

1. Dani García
2. Noa García-Muñoz
3. Vera García-Muñoz
4. Pablo Furelos

O nome do torneo fai referncia ao aniversario da fundación de Nos.

15/10/16

Torneo La Gallega

O Torneo deste sábado entre os alumnos da Escola recibía o nome de La Gallega. O vencedor foi Dani.

1. Dani García
2. Noa García-Muñoz
3. Pablo Furelos
4. Vera García-Muñoz

O nome do torneo era unha homenaxe nesta semana de conmemoración do descubrimento de América á nao que levou ao galego Colón ao Novo Mundo.

09/10/16

Torneo do Rosario

Os xogadores do CIDU, contando aos membros do equipo federado e aos rapaces da escola foron numerosos neste torneo.

Os que recibiron trofeos foron Santiago Domínguez, campión absoluto, Pablo Furelos (subcampión sub14), Noa García-Muñoz (subcampiona sub12), Vera García-Muñoz (terceira sub12) e Nico Rivas (terceiro sub8).

Outros moitos xogadores tiveron unha tarde
bastante entretida e para algúns dos mais novos a súa primeira experiencia nun torneo.

Noraboa a todos!

As clasificacións as podedes atopar en www.agax.org

05/10/16

O CUR estará pechado este fin de semana

O CUR vai estar pechado este fin de semana pola celebración do Rosario e a ponte que realiza o persoal do edificio.

Pero igoalmente temos alternativas, xa que este fin de semana desenvólvese na Coruña o XXII Torneo de Xadrez do Rosario, que nesta edición estrea nova sede: a casa museo Casares Quiroga.

Así que os invitamos a que participedes nestas outras accións levadas a cabo por AGAX (www.agax.org) nese pequeno museo que seguro que moitos non coñecedes:

Venres.
Torneo de Rápidas. Ás 20,00.

Sábado.
O Torneo noso dos sábados o poderemos facer alí. Así que a xente pode acudir ás 13,00 e a xente das clases ás 12,00

Pero o importante será pola tarde co torneo de partidas semirrápidas a vinte minutos e que se disputará desde as 17,00 ás 21,00.

Haberá trofeos para o tres mellores de cada unha do cinco categorías de idades nas que se dividirán aos participantes e medallas para todos os xogadores.

Apuntaros!