02/07/24

Asalto Online

O sábado 6 temos o ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO.
Pero tamén o domingo 7 teremos actividade coa celebración do ASALTO AO CASTELO DE VIMIANZO ONLINE.
Torneo en Lichess que realizaremos no grupo "Agax aberto"

30/06/24

Clasificación Odeón

Juan Manuel Caneiro, presidente do Club Narón resultou vencedor nesta nova edición do Torneo Universitario Lóstrego no Odeón. O segundo posto foi para David Varela, do Círculo Ferrolano e no terceiro posto o xogador sub14 do CIDU; Gonzalo López.

O mellor universitario foi Rubén Arrojo, que deste xeito lograba reter o título de campión universitario de xadrez lóstrego.

Lembramos que temos torneos os dous vindeiros sábados; día 6 en Vimianzo e 13 en Cariño.




12Caneiro Couto, Juan ManuelESP5,012.014.018390NARON
21Varela Peteira, DavidESP3,513.515.519300CFX
35Lopez Vazquez, GonzaloESP3,014.014.017220CIDU
43Regueiro Garcia, Isaac RafaelESP3,013.013.018090TORREON
54Chen Lin, Yan QingESP3,010.511.517630CFX
66Arrojo Longa, RubenESP2,513.514.516530CFX
77Andion Fernandez, Jose ManuelESP2,011.511.516420CIDU
88Ciuffi Bompeza, Tito FrancoESP2,010.510.515640NARON
99Regueiro Soto, YagoESP1,09.59.514200TORREON
1010Fernandez Nieto, ManuelESP0,010.011.000CFX




29/06/24

Hoxe, torneo

Hoxe temos xadrez no centro Comercial Odeón.

Estaremos den de a 17,00 realizando o torneo universitario lóstrego que chega xa a súa 32ª edición.

Ese torneo terá validez para ELO FIDE e pode xogar calquera xogador que estea federado.

Se non estás federado teremos unhas mesas para botar unhas partidas amigables.

Anímate a participar!

22/06/24

Torneo Odeón

Pois estamos xa nos últimos días de xuño e lembrade que dentro dunha semana, o sábado 29 temos o Torneo Universitario Lóstrego.

Por terceira vez o celebraremos no Campus de Ferrol, grazas á colaboración da Deputación e do Centro Comercial odeón que acollerá a proba.

Torneo categoría única lóstrego: Odeón (29 de xuño). Bases e inscricións en:



20/06/24

Axudas da Deputación

Este mércores a Deputación publicou as axudas provisionais ás actividades deportivas. Un ano mais o CIDU vai contar co seu apoio, así que moitísimas grazas.

A mesma vai estar destinada áos nosos torneos aniversario, que conforman varios torneos que fomentan o xadrez nos dous campus e tamén en Vimianzo, reforzando a actividade co Asalto ao Castelo na que levamos colaborando dende hai anos.

Que probas forman parte?

Campus Coruña
Torneo por categorías: Aniversario (1 de maio). Resultados en:

Torneo categoría única lóstrego: Letras Galegas (17 de maio). Resultados en:

Campus Ferrol
Torneo por categorías: Cariño (13 de xullo). Bases en:
 
Torneo categoría única lóstrego: Odeón (29 de xuño). Bases en:

Outras probas
Torneo categoría única lóstrego: Asalto ao Castelo Vimianzo (6 de xullo). Bases en:

Por confirmar
Estamos pendentes de facer dúas probas máis, que publicaríamos neste espazo. Ademais dentro destas actividades temos o torneo aniversario colexial, nos colexios onde estamos implicados e en setembro teremos tamén os dous torneos da Xornada de benvida na UDC; no Campus da Coruña e no Campus de Ferrol.

E a Maratón?
A maratón consiste nunha proba combinada. Os primeiros clasificados de cada torneo recibirán 3, 2 e 1 puntos segundo a súa orde en cada proba. Nas probas por categorías estes puntos serán dados en cada categoría. Nos torneos de categoría única só os tres primeiros da clasificación.
Ao remate da serie dos torneos, os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo conmemorativo. Tras a celebración de dous torneos o mellor clasificado é o noso xogador Iago Soto.