26/06/16

LOITO NO CIDU


Hoxe faleceu de maneira sorpresiva o vicepresidente do Club de Iniciativas Deportivas Universitarias (CIDU).

O falecemento, do que se fixeron eco varios medios de comunicación, produciuse mentres conducía cara a Cee para explicar as obras de reforma dunha igrexa en compañía da súa muller e fillas.
(Noticia na Voz)
(Noticia na TVG)
(Noticia na Opinión)
(Noticia en 20 minutos)
(Outra noticia mais completa na Voz)
(Obituario na Voz)

Diego García-Muñoz foi un dos fundadores do CIDU, cando aínda era estudante de arquitectura en 1994 e na actualidade ocupaba a vicepresidencia do Club e a Secretaría Xeral da asociación Universitaria INCUDE.

Directivo desde a súa fundación, o CIDU é hoxe o club máis activo do xadrez coruñés. Nos últimos anos Diego apostara polo fomento do xadrez escolar.

As dúas entidades nas que era directivo decidiron suspender as actividades previstas para os próximos días.

A foto é do pasado mes de maio no que gañou o Torneo do Día da Ciencia na Rúa, precisamente o dia que cumpría 44 anos.

O botaremos de menos como xadrecista, xa que era un dos puntais do equipo, pero sobre todo será imposible esquecer a súa bonhomia.

A nosa mensaxe de apoio á sua familia, especialmente a Nela, Noa e Vera, neste momento tan difícil.

O corpo de Diego foi velado na sala 5 de Servisa dende as 17,30 horas do luns ata as 17,00 horas do martes en que se procedeu a súa cremación. Posteriormente o martes 28 houbo un funeral nas Esclavas.